Entrevista a D. Carlos Miramontes, diácono, para a Xanela, no Día do Seminario

por parroquiacarballo

1-Datos persoais:
Chámome Carlos Miramontes Seijas, teño 24 anos, son nado na Coruña, son diácono da Igrexa, e estou a prepararme para o sacerdocio.
 
2-Motivacións para ir ao Seminario:
Hai quen di que as grandes eleccións da vida non as elixe un,    senón que elas elíxente a ti. Deste xeito, cando eu era un rapaz   non pensaba en ir ao Seminario, pero a experiencia da vida, e  particularmente a miña estancia na cidade de Ceuta, á beira das “Columnas de Hércules” e en terra africana,, leváronme  a pensar que se cadra a vida non é todo cuestión de colleitar éxitos persoais e ganancias, senón tratar de vivir por algo máis grande.
Tamén axudoume no meu discernimento, teño que dicilo, o meu párroco D. Xosé Carlos Alonso.
 
 3-Cantos alumnos hai hoxe?:
Agora mesmo somos 23 formandos e 3 formadores vivindo no  Seminario, a vez que nós imos  estudar ao Instituto Teolóxico Compostelán, no cal estudan tamén diversos relixiosos, laicos, e sacerdotes que veñen a ampliar estudos.
 
4-Os teus estudos:
Eu entrei no Seminario ao rematar o Bacharelato e despois defacer   a Proba de Acceso á Universidade. Terminei xa o Grado en Teoloxía, de cinco anos e anteriormente chamado Estudos Eclesiásticos, e agora estou rematando tamén un Bienio de Licenciatura en Teoloxía Fundamental.
 
5-Como ves o nivel de estudos no Seminario?
Supoño que é unha pregunta de non doada contestación, partindo da base de que hoxe en día no Seminario xuntámonos xente de idades moi diferentes, xente que, coma eu, acaba de rematar o  Instituto, e xente que leva moitos anos xa traballando; xente que vén con estudos universitarios feitos e xente que non, etc.
 
En todo caso considero que o interese pola coidada formación no Seminario é patente.
 
6- para cando a túa ordenación?
Se Deus quere, o primeiro Domingo de Xullo, o mes do Apóstolo.
 
7- O teu parecer da pastoral na parroquia de Carballo e na Unidade Pastoral:
Considero que nesta Unidade pastoral lévase traballando moito ao longo de moitos anos, e os froitos están á vista. A parroquia creceu co pobo, e o pobo ca parroquia
 
8-Seguirás connosco despois da ordenación presbiteral?
Ordenámonos para servir á Diocese na cal nos incardinamos, onde  faga falta, e hoxe, aínda que hai xente que pode que non o vexa así  de claro polo costume de ter sempre un cura na súa parroquia, a realidade é que as necesidades son cada vez maiores, e xa hai  parroquias na nosa Diocese onde non hai cura ningún. Polo tanto, gustaríame invitar á xente á comprensión. Dito o cal, en sentido  xeral, no meu caso particular, persoalmente podo dicir que non sei o que me traerá o futuro, pero sei tamén que aquí sempre haberá boa xente que me acolla e coa que sempre se pode contar.
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?