Intervencións na homenaxe a D. Xosé Pumar Gándara

por parroquiacarballo

Podemos revivir parte das intervencións na homenaxe a D. Xosé Pumar Gándara a través dos seguintes vídeos:
Cristina Abelleira:

Xan Fernández Carrera:

José García Gondar:

Xosé Manuel Varela

Luis Guiadás:

Xosé Antonio Andrade:

Xosé Pumar Gándara:

Coral de Bergantiños:


 
Este sábado 9 de febreiro, o Salón de Actos da Parroquia de Carballo foi testigo da merecida e calorosa homenaxe a D. Xosé Pumar Gándara organizada polo Instituto de Estudios Bergantiñáns. Acudiron carballeses e bergantiñás, pero tamén de persoas procedentes de Bastavales e de Val do Dubra.
Neste encontro, presentado pola periodista Cristina Abelleira, cargado de emocións e lobanzas ao homenaxeado, participaron Xan Fernández Carrera, presidente del Instituto de Estudios Bergantiñanos; José García Gondar, párroco de Carballo;  Xosé Manuel Varela, filólogo;  Xosé Antonio Andrade, avogado, e Luis Guiadás, historiador.
En todas as intervencións destacáronse calificativos que envolven a figura de Pumar Gándara como “ilustrado, sabio, erudito, crego contemporáneo,  egregio.., pero sobre todo acentuouse a parte humana, humilde e servicial de D. Xosé.
Tamén resoaron no Salón de Actos as palabras do arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, a través dunha felicitación á que deu lectura García Gondar.
Ao final do acto, Pumar Gándara agradeceu emocionado a todos os presentes as mostras de cariño. Fernández Carrera fixolle entrega dun retrato do autor Mon Lendoiro e a Coral de Bergantiños interpretou tres pezas.
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?