Nosa Señora do Camposanto

por parroquiacarballo

Esta é a escultura que o Concello mandou  colocar  no Cemiterio Municipal de Carballo. Fixo a obra o escultor  cabanés Anxo Cousillas Bermúdez. É unha fermosa imaxe da Piedade. Levará o nome de Nª Sª do Camposanto.
No seu regazo de Nai ao pé da Cruz e co cadáver do seu Fillo poñemos a todos os nosos seres queridos alí enterrados, e que tamén nos acolla na hora da nosa morte.
Pendentes de concretar data, propoñemos  para a súa inauguración o sábado día 15 de xuño, (comezo da Novena para as Festas Patronais) cunha Misa por todos os defuntos da Parroquia, e a bendición da escultura.
La Madre piadosa estaba junto a la cruz y lloraba mientras el Hijo pendía…  Cuando, Cristo, haya de irme, concédeme que tu Madre me guíe a la palma de la victoria. Cuando el cuerpo sea muerto, haz que al ánima sea dada del Paraíso la gloria. Amén

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?