Portas abertas á Horta Solidaria

por parroquiacarballo

No contexto da Semana Cultural de Sísamo, o xoves 18 de xullo tivo lugar a Xornada de portas abertas á Horta Solidaria que Caritas plantou na Rectoral e recolección dos primeiros frutos.
Desde fai uns anos esta funcionando, na Casa Rectoral de Sísamo, na que se puxo o tellado novo e se fixeron obras de rehabilitación,  unha Casa de Acollida de longa duración que se chama “Fogar Apostol Santiago”. É un programa de Cáritas Interparroquial de Bergantiños para persoas sin vivenda, que queiran deixar de vivir na rúa, traballando a horta e criando animais. Pero xuntamente coa Casa, comenzou o Programa “Horta Solidaria”, que se encargaron de poñer en marcha Ramón Abelenda  e Carmen Rey Varela, dirixindo o traballo dos voluntarios que están facendo unha fermosa labor de limpeza do muro, e plantación de hortalizas e flores que da gusto ver.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?