-Vemos con frecuencia un uso incorrecto dos pronomes átonos cando van como sufixos no verbo. Unhas veces será “quéroche”, outras “quérote”. Exemplos: “quéroche moito, quérote para tal cargo”. Como: “vinche”, “vinte”, exemplos: “vinche a casa, vinte mal”. Asegún sexan complemento indirecto (en dativo) ou directo (en acusativo). Saber un pouco de latín axuda a diferenciar isto, ou ben ter lecturas de autores galegos recoñecidos, pois favorecen o noso oído.
Os pronomes átonos prefiren ir adosados ó verbo. Hai un emprego dos mesmos que está afectado polo castelán. Así: “che digo, che falo”.
-Tamén a expresión “Hai tempo, había tempo”, son propias do galego. “Fai tempo” é castelanismo
-O galego prefire os tempos simples, cando emprega verbos.
-Hai unha característica fonética do galego que se está perdendo. Sobre todo, desde que se suprimiu aquel diptongo que tan farragoso era na escritura.
Cando unha forma verbal vai seguida do artigo (el, ela, nos…), elídese a derradeira consonante do verbo, sustitúese por L. Así, se escribimos: “Ti amas o mundo”, unha lectura clásica soaría así: “Ti ámalo mundo”. Ou “Escribíchelo artigo”, “Vou velo neno”. É un pequeno detalle, pero ben sabemos cómo as linguas modernas précianse de ter unha fonética distinta da escritura.
-Estamos perdendo os nosos adverbios de tempo: onte, antonte, pois aparecemos dominados polos casteláns ayer, anteayer.
-Tamén nos vence o castelán na pronuncia de certas formas do verbo. Por exemplo: no potencial simple andaríamos e non andaríamos.
-Interrogativo: “quen foron?”. Non hai o plural “quenes”. “Ulo é?” (Pouco se oen).
-Damos por perdidas as concurrencias de pronomes da terceira persoa en acusativo ou dativo. Eran: “llelo, llela…” que hoxe resolvemos en “llo, lla”.
-Tamén se están perdendo os adverbios de lugar: “algures/ningures”.
-Aínda na conversa galega óese dicir NO, cando debe ser NON.
Os amantes da nosa fala descubrirán máis cousas que teriamos que correxir.