Preparándonos para o San Xoán

por parroquiacarballo

Queridos carballeses

Xa está a porta á festa de San Xoán. Este ano, despois da pandemia, queremos celebralo con especial sentimento e solemnidade, dando gracias pola saúde superada a pandemia, na familia, con festa nas rúas, e nas Misas da festa neste Ano da Parroquia con motivo dos 50 anos do meu servizo pastoral como Cura de Carballo.

Por iso vos  invito a participar na:

  1. NOVENA PREPARATORIA. Do 15 o 23 ás 20,00 hs. ante o Santísimo Sacramento pediremos por toda a parroquia segundo programa adxunto.
  2. MISA DAS FESTAS. Ás 12,30 hs. Misa e Procesión

Venres 24: Día de San Xoán: O alcalde presentará a invocación ao patrono en nome de todos os carballeses

Sábado 25: Festa grande do  Santísimo Sacramento. Coa Procesión solemne polas rúas, con parada e bendición desde os altares das rúas Gran Vía, Cervantes e A Braña

Domingo 26: Festa de Nª Sª do Carme. Con Misa e Procesión

Luns 27 e martes 28, ás 20,30 hs celebraremos a Misa ao Perpetuo Socorro e a San Xudas Tadeo.

Participemos con devoción e fraternidade.

Como compromiso destas festas do Ano da Parroquia reitero a invitación mostrar o noso amor ao Santísimo Sacramento, buscando un momento para visitar a Xesús Sacramentado (a igrexa está aberta durante todo o día) e participando na ADORACIÓN EUCARISTICA (todos os xoves está exposto o Santísimo durante todo o día)

O meu agradecemento aos funcionistas, Coral de Bergantiños e a todos os que colaborades nas festas e na vida da parroquia. Que O Señor vos bendiga e recompense.

Boas festas para todos.  

José García Gondar

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?