Ante a posibilidade de reanudar as celebracións das Primeiras Comuñóns programadas para o presente ano 2.020. A parroquia comunica que os pais que desexen que os seus fillos reciban este Sacramento deben ter en conta as seguintes consideracións:
- Cumprir as medidas preventivas recomendadas polas autoridades sanitarias e eclesiásticas.
- Asistir ás reunión convocadas para este fin:
– O domingo día 17 de maio, ás 6 da tarde na igrexa, as familias dos nenos que ían celebrar a súa Primeira Comuñón o día 19 de marzo e o día 1 de maio
– O domingo, día 24 de maio, ás 6 da tarde na igrexa, as familias dos nenos que ían celebrar a súa Primeira Comuñón o día 24 de xuño, primeiro domingo de xullo, primeiro domingo de agosto e primeiro domingo de setembro.
- Posibles datas:
A partir do día 24 de xuño todos os sábados ás doce horas, haberá posibilidade de celebrar Primeiras Comuñóns. Os pais poden escoller día, pero deben comunicar á parroquia con un mes de antelación a data para organizar a preparación catequética intensiva previa á celebración.
- Preparación intensiva:
A preparación intensiva, que é moi importante, será semipresencial. Os nenos reuniranse cos catequistas responsables un día á semana en horario previamente sinalado para explicar as fichas que os catequizandos deben realizar ao longo da semana nos seus domicilios, así como os recursos multimedia recomendados para traballar nas casas e as oracións que deben memorizar e comprender.
- Comunicamos tamén que todos os nenos farán a Primeira Comuñón vestidos co traxe oficial da parroquia. Todos iguais, xa que a parroquia dispón de número suficiente de traxes para os que soliciten o préstamo.
- Tamén pensamos en facer ao comezo do novo curso unha celebración comunitaria solemne, se as autoridades sanitarias o permiten, con todos os nenos que neste ano reciban por primeira vez a Xesús na Eucaristía.
Quedamos a disposición de todos para aclarar calquera dúbida que se lles presente.
O equipo de sacerdotes e catequistas
