Publicada A Xanela Nº 309

por parroquiacarballo

Neste novo número de A Xanela publicamos o Comunicado íntegro do Consello Pastoral Parroquial e do Consello de Asuntos Económicos de San Xoán Bautista de Carballo:

Ante a noticia publicada o martes 12 de novembro de 2019 en La Voz de Galicia “En esta iglesia de Carballo el hijo pródigo y su padre son independentistas: lacito y «senyera»”  e as declaracións vertidas no programa de Radio Voz este mesmo día sobre o mural do adro da igrexa parroquial, e posto que nin desde La Voz de Galicia nin desde Radio Voz Bergantiños se puxeron en contacto ca Parroquia para confirmar a veracidade da información publicada, o Consello Pastoral e o Consello de Asuntos Económicos de San Xoán Bautista de Carballo queren facer as seguintes puntualizacións:

  1. Durante estes últimos 47 anos a Parroquia de Carballo realizou moitas e importantes obras e melloras (construción da igrexa e complexo parroquial, igrexa de San Cristovo, capela da Brea, capela da Milagrosa, Centro Social, vidreiras artísticas, restauración dos retablos, etc.) e grazas á boa xestión económica e transparencia informativa deste Consello pagaron puntualmente todas as facturas, sen que a Parroquia teña ningunha débeda pendente a día de hoxe.
  2. No que atinxe á remodelación do adro parroquial, informar que este proxecto foi resultado dun convenio do Concello de Carballo co Arcebispado de Santiago de Compostela, na que o Concello asumiu economicamente todo o gasto, e que desde a Parroquia agradecemos profundamente a obra realizada.  A Parroquia fíxose cargo da imaxe de pedra “Mater misericordiae” e do recubrimento de madeira do porche da igrexa. Ambas actuacións están pagadas.
  3. Na parede lateral, segundo o proxecto, confeccionouse un muro vexetal e no espazo sobrante acordouse pintar un mural que se lle encargou a D. Miguel Anxo Calvo.
  4. Terminada a obra pedíuselle a D. Miguel Anxo Calvo que presentara a factura no Concello, non volvendo a ter máis noticias ata o día de hoxe, e a través de La Voz de Galicia e Radio Voz.

Por todo isto, lamentamos profundamente por un lado, que D. Miguel Anxo Calvo aínda non cobrara polo traballo realizado e, por outra parte, que non se puxera en contacto ca Parroquia para informar desta situación.  Con todo, pregamos a D. Miguel Anxo Calvo que presente a factura ao Consello de Asuntos Económicos da Parroquia para que lle sexa abonada de forma inmediata.

Recollemos tamén un artigo de Xosé Pumar Gándara titulado “La excursión a San Benito de Lérez”, así como unha testemuña dunha nena con cancro terminal ante a morte. E publicamos todos os avisos para semana: nova sesión na Escola de Formación de Axentes de Pastoral, a Festa de Santa Cecilia, a Novena á Milagrosa, etc.

Finalmente, os sacerdores do Arciprestado de Bergantiños e os fregueses das parroquias de Unidade Pastoral de Carballo pregan unha oración e invitan invitan a participar no Funeral de ANIVERSARIO, que se celebrará o martes, día 19  de novembro, ás 20,00 horas, na Igrexa Parroquial de San Xoan Bautista de Carballo, e o sábado día 23 de novembro, ás 12,30 horas na Igresa parroquial de Santa María de ARDAÑA polo RVDO. D. CESAR WALTER BEJARANO RIQUELME, que faleceu o 18 de novembro de 2018 confortado cos Santos Sacramentos e a Bendición Apostólica, aos 46 anos de idade.

Feliz semana!

José García Gondar

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?