Publicada A Xanela Nº 477

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela

Onte  venres clausuramos  o II Ano da Parroquia coa Misa de acción de gracias por estes 50 anos do meu  servicio pastoral e os 25 de D. Xosé Pumar. Foi unha emotiva celebración, concelebrada polos irmáns sacerdotes, na que D. Xosé Pumar nos fixo unha fermosa homilía, coa participación dos diversos grupos da parroquia que presentaron as oracións e ofrendas. Cos cantos da Coral de Bergantiños, Coro Aires de Bergantiños e Coro parroquial…

Un precioso vídeo no que lembramos agradecidos  todo o vivido e realizado durante estes 50 anos: ”acollendo, abrindo portas e construíndo Igrexa”

No seguinte enlace estám recollidas as fotos da celebración, o audio da homilía e tamén un pequeno vídeo:

https://parroquiacarballo.org/clausura-do-ii-ano-da-parroquia/

Coas palabras do Papa Francisco “Gracias, perdón e por favor” reitero o agradecemento mais sincero a todos os membros da Comunidade Parroquial:

1.- GRACIAS: A Deus, en primeiro lugar, que me conservou con vida, con fe, con saúde e coa ilusión de servir a Igrexa en Carballo como bo pastor. Por todo o vivido, soñado, sufrido, e realizado neste medio século.

Por iso como a Virxe Maria  no Magnificat dou gracias ao Señor e a cantos coa súa ilusión e xenerosidade, fixeron posible a construción dos templos –edificios e a construción da Igrexa-comunidade de pedras vivas durante estes 50 anos.

Gracias,  de corazón moitas gracias. Que Deus volo recompense!

2.-PERDON

Tamén quero pedir perdón por todo o que non  fixen ben ou podemos facer mellor.

Son consciente dos erros e omisións, que non foron por mala vontade, senón máis ben polas miñas limitacións e falta de tempo.

Pido perdón a todos os que, por un motivo ou outro, quixeron encontrar na miña persoa e nesta Parroquia, algo máis de tempo dispoñible, de servizo, de comprensión, de axuda humana ou sacerdotal. Confío acadar de todos comprensión xenerosa.

3.-POR FAVOR

Termina este Ano da Parroquia pero  pídovos  que SIGADES ADIANTE: tratando de cumprir o obxectivo “Volver a Deus , renovar en familia a vida cristiá e a vivir os Sacramentos e a caridade”.

A todos, pero especialmente, a cantos durante estes 50 anos recibistes o Bautismo, a Primeira Comuñón, a Confirmación e o Matrimonio nesta Parroquia, repítovos de corazón: “vinde, volvede… entrade… volve a unha vida cristiá en familia e a recibir os sacramentos”.

Ese foi o obxectivo deste Ano da Parroquia, que  intentamos coa Misión, coa visita da imaxe do Apóstolo e na peregrinación a Catedral

Publicamos neste número un artigo de Xosé Pumar titulado “A quinta semana” e recollemos todos os avisos para os próximos días: Festa de San Crsitovo, Misa no xeriátrico, etc.

Destacar tamén que está a disposición de todas as familias o  libro “Guía da Vida cristiana” que vos entregamos como recordo deste ano. Darémosllo aos nenos no Catecismo ao comenzar o curso. E quen o queira pode recollelo no Despacho

Feliz semana

A_Xanela semanal_447

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?