Clausura do II ANO DA PARROQUIA

por parroquiacarballo

Este  venres 29 de xullo clausurouse  o II ANO DA PARROQUIA coa Misa de acción de gracias por estes 50 anos do servicio pastoral de José García Gondar e os 25 de Xosé Pumar Gándara.

Foi unha emotiva celebración presidida polo párroco García Gondar e concelebrada por varios sacerdotes, na que Pumar Gándara fixo unha fermosa homilía, coa participación dos diversos grupos da parroquia que presentaron as oracións e ofrendas. Cos cantos da Coral de Bergantiños, Coro Aires de Bergantiños e Coro parroquial…

Homilía de Xosé Pumar Gándara:

 

Acción de gracias de García Gondar:

Coas palabras do Papa Francisco “Gracias, perdón e por favor” reitero o agradecemento mais sincero a todos os membros da Comunidade Parroquial:

1.- GRACIAS: A Deus, en primeiro lugar, que me conservou con vida, con fe, con saúde e coa ilusión de servir a Igrexa en Carballo como bo pastor. Por todo o vivido, soñado, sufrido, e realizado neste medio século. Por iso como a Virxe Maria  no Magnificat dou gracias ao Señor e a cantos coa súa ilusión e xenerosidade, fixeron posible a construción dos templos –edificios e a construción da Igrexa-comunidade de pedras vivas durante estes 50 anos. Gracias,  de corazón moitas gracias. Que Deus volo recompense!

2.-PERDON: Tamén quero pedir perdón por todo o que non  fixen ben ou podemos facer mellor. Son consciente dos erros e omisións, que non foron por mala vontade, senón máis ben polas miñas limitacións e falta de tempo. Pido perdón a todos os que, por un motivo ou outro, quixeron encontrar na miña persoa e nesta Parroquia, algo máis de tempo dispoñible, de servizo, de comprensión, de axuda humana ou sacerdotal. Confío acadar de todos comprensión xenerosa.

3.-POR FAVOR: Termina este Ano da Parroquia pero  pídovos  que SIGADES ADIANTE: tratando de cumprir o obxectivo “Volver a Deus , renovar en familia a vida cristiá e a vivir os Sacramentos e a caridade”. A todos, pero especialmente, a cantos durante estes 50 anos recibistes o Bautismo, a Primeira Comuñón, a Confirmación e o Matrimonio nesta Parroquia, repítovos de corazón: “vinde, volvede… entrade… volve a unha vida cristiá en familia e a recibir os sacramentos”. Ese foi o obxectivo deste Ano da Parroquia, que  intentamos coa Misión, coa visita da imaxe do Apóstolo e na peregrinación a Catedral

E agora neste 50 aniversario quero reiterar unha vez máis o meu desexo de seguir servindo a Igrexa en Carballo… Mentres o Señor me siga dando saúde, e o Sr Arcebispo o considere oportuno, o meu desexo é seguir servindo e vivindo nesta querida Parroquia de Carballo.

Aínda que non nacín aquí, síntome  carballés de corazón, e “ fillo adoptivo” de Carballo. Dei a esta Parroquia os mellores anos da miña vida, e Carballo deume acollida e cariño, axuda e colaboración, testemuña de fe e vida cristiá… Por iso, aquí, quero rematar a miña vida, e no Camposanto, a onde acompañei a tantos carballeses, quero repousar ao lado dos meus pais.

Moitas grazas. Que Deus volo pague. Pido ao Señor por intercesión da Virxe María, e do noso patrón San Xoán Bautista que bendiga e recompense a todos.

Rezade por min, polas vocacións, e por todos os sacerdotes para que saibamos ser pastores segundo o corazón de Xesucristo.

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?