Catro igrexas en Carballo: IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOAN BAUTISTA

por parroquiacarballo

No centro desta vila que ten formas de cidade, a igrexa parroquial. Polos datos que manexamos, ésta, de agora, é a terceira igrexa edificada sobre o mesmo chan, despois que a sede da parroquia deixara de estar en Cernide.

Se os romanos probaron a boanza das augas de Carballo e así coidaron a propia saúde, xusto é que os cristiáns acollesen para patrón da comunidade parroquial a S. Xoán Bautista que bautizaba nas augas do Xordán dando a saúde do arrepentimento e da fe ós que atendían a predicación do gran profeta Precursor.

Con auga bendecida do río Allóns, párrocos e coadxutores, presbíteros e diáconos, abriron o camiño da Fe á moitos carballeses e bergantiñáns, incorporados así á comunidade que cre e vive segundo o exemplo e ensinanzas de Xesucristo vivo, morto e resucitado.

A pía bautismal de Carballo é testigo do nacimento para a Fe de moitas xeracións. Aquí xurdiron vencellos de pais e fillos, padriños e afillados. A Fe que han de profesar ten a referencia na árbore carballo, é dicir, firme, rexa, nobre, comunicada, tal como é a árbore que nos identifica como cidadáns.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?