Que San Xoán nos siga protexendo e nos leve a Xesús

por parroquiacarballo

Despois de estes dous anos da pandemia dispoñémonos a celebrar as festas patronais en Carballo.

Os anos anteriores honramos a San Xoán. O alcalde de Carballo presentoulle a invocación, e levamos ao Santísimo en Procesión bendicindo a todas as familias, aínda que  non houbo música, nin festeiros

Pero este ano de novo podemos celebrar o San Xoán como de costume con festa nas rúas e invitados nas casas. E tamén con toda solemnidade na Igrexa, nas Misas da festa, dando gracias pola saúde superada a pandemia. Neste Ano da Parroquia con motivo dos 50 anos do meu servizo pastoral como Cura de Carballo invítovos a participar con especial devoción:

– O venres 24, na Misa do San Xoán, unímonos á invocación que en nome e representación de todo o pobo, o alcalde presentará ao patrono San Xoán Bautista. Que nos siga protexendo e axudando!

– O sábado  25, é o día grande do Santísimo Sacramento que celebraremos con Misa solemne e Procesión, para tributarlle a homenaxe da nosa louvanza e acción de grazas a Xesús Sacramentado e pedirlle que bendiga a todas as familias de Carballo.

A Procesión será deste xeito: Levaremos o Santísimo Sacramento nunha carroza engalanada, acompañado polas autoridades, os funcionistas e todos os devotos

A procesión irá polas Rúas Coruña, Gran Vía, Cervantes, Valle Inclán, Vázquez de Parga, Praza Galicia. Nos tres altares de costume daremos a bendición.

Invitamos aos devotos a engalanar as xanelas e balcóns e, con pétalos de flores, aclamar a ao Señor cando pase pola vosa rúa, e os demais a participar desde as beirarrúas con respecto e devoción facendo o sinal da Cruz.

O domingo  26 e o luns  27, mostraremos o noso cariño de fillos á Virxe María nas advocacións da Nª Sª do Carme e do Perpetuo Socorro, poñendo a toda a Parroquia no seu regazo de Nai.

Nestes días da festa tamén rezaremos polos enfermos e teremos unha pregaria agradecida polos nosos difuntos.

Ao sentir o estoupido das bombas de palenque durante a Procesión tamén lembramos a Ucrania e a todos os pobos onde hai guerra. Pedimos para eles a Paz e para as familias nas que hai violencia.

O meu sincero agradecemento aos funcionistas, á Coral de Bergantiños, a todos os voluntarios  da Parroquia e de xeito especial aos que durante  estes meses da pandemia  co seu traballo e colaboración xenerosa axudan desde Cáritas a cantos a están  sufrindo la falta de traballo e necesidades básicas.

Que o Señor, por intercesión da Virxe Nosa Nai, e do Patrono San Xoán Bautista, vos bendiga a todos. Moitas grazas e felices festas!

O voso párroco,

José García Gondar

 

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?