San Cristovo: unha historia que nos guía e nos convoca

por parroquia

A celebración de San Cristovo en Carballo é moito máis ca unha festa popular: é unha memoria viva, unha obra de fe compartida e un símbolo da identidade dun barrio que naceu arredor da súa igrexa. O Santuario de San Cristovo, hoxe tan querido por todos, non xurdiu da nada: é froito da xenerosidade, do esforzo e da constancia de moitas persoas que, ao longo de décadas, fixeron posible que este lugar se convertese en casa espiritual para tantas familias.

Un templo nacido da gratitude e da fe

A historia comeza no solar doado pola familia Porteiro Suárez, un xesto que abriu o camiño para que Carballo tivese un santuario dedicado ao seu protector. O arquitecto D. José Ramón Pedreira Barros -cuxo recordo honramos con gratitude- elaborou o proxecto de maneira altruísta, coa colaboración técnica de Juan Leis Mayán. Así, o 25 de maio de 1981 iniciáronse as obras da cripta, inaugurada en 1982 por Mons. Rouco Varela.

Desde 1950, cando a familia Rega Morales doou a imaxe do Santo, Carballo celebra a súa festa o 18 de xullo.. A partir de agora, a data quedará fixada no primeiro domingo de agosto, para que toda a comunidade poida vivila con unidade e alegría.

A segunda fase: unha obra de pobo

No ano 1991, o Consello Parroquial decidiu retomar a construción do templo definitivo. Para financiar a obra, acordouse vender a Chousa da Virxe do Carme, un monte que a parroquia posuía en Carballo de Arriba. A segunda fase culminou cunha inversión de 25.501.000 pesetas, froito da confianza e da ilusión de todo un pobo.

O  5 de agosto de 1995 Mons. Julián Barrio bendixo o Santuario de San Cristovo e Nosa Señora da Boa Viaxe, converténdoo nun faro espiritual para quen percorre os camiños da vida.

A terceira fase: campanario e accesos

En 2007 completouse a obra co campanario, as aceras e o acceso para persoas con mobilidade reducida. A inauguración, presidida pola imaxe peregrina de Nosa Señora de Fátima, foi un momento de graza que selou definitivamente a historia deste templo.

Hoxe, de maneira especial, unímonos á bendición do Cuadro de San Cristóbal, obra que o pintor Santiago de la Herranz realizou e ofreceu con xenerosidade.

.Un barrio que nace arredor da Igrexa:O que antes era coñecido como Barrio do Hospital é xa o Barrio de San Cristovo.

Que Deus recompense a quen fixo posible esta obra e  aos que siguen construindo cada día esta Igrexa de Pedras vivas a quen segue sosténdoa con dedicación humilde e constante. Que San Cristovo nos guíe e nos protexa sempre.

José García Gondar

 

También te puede Interesar