Entradas
-
Esta festa dalle personalidade a un barrio crecente como é o Chorís. Cobra unidade,singularidade dentro do que é esta vila grandota que é Carballo. Polo mes de maio, o Chorís …
-
A máis pequeniña e fermosa. A Igrexa está sentada, pasma coa beleza que ten diante acotío. As augas que entran e saen na ría de Lema, as luces do faro …
-
Desde que soubemos tan triste noticia, quedamos abraiados. Os que coñecimos a don Ramón, Párroco da Escravitude, temos gozado da súa axuda, é un sacerdote cheo de bondade, moi sensible …
-
Así temos oído chamar a esta festa da Asunción de Nosa Señora. A meirande parte das nosas parroquias teñen no 15 de Agosto a festa patronal. Aquí, entre nós: Rus, …
-
Pasaron xa vintecinco anos daquela Xornada Mundial da Xuventude que tivo lugar en Santiago de Compostela. Medio millón de xóvenes de todo o mundo viñeron en peregrinación a Compostela, convocados …
-
Nos comezos de agosto hai en Bergantiños tres parroquias que teñen por Patrón ao Divino Salvador ou San Salvador. Que das dúas maneiras aparece a titulación. Referímonos a Sofán, Erbecedo …
-
“Todos os camiños levan a Roma”. Quizais mellor dito estaría que “todos os camiños levan a Santiago”. Estámolo vendo nos nosos días. Os peregrinos enchen os camiños que levan a …
-
O noso papa Francisco e o Sr Arcebispo don Xulián pídennos que reflexionemos sobre a crise que está a vivir a familia e que lles comuniquemos as nosas ideas. Haberá …
-
-
O seu anuncio suscitou ansias por escoitalo. Aínda recordabamos a súa lección cando fora distinguido como Carballés do Ano. Foi unha ensinanza que amosaba o seu profundo amor a Carballo …
O domingo mundial da Propagación da Fe (DOMUND) é unha solemne chamada anual da Igrexa para recordarnos que todos temos, por bautizados, a obriga e honor de séremos misioneiros.
Falamos das misións en países onde a Igrexa non está implantada suficientemente, por iso necesita axuda dos demais crentes. A oración, o envío de misioneiros (seglares ou sacerdotes) son a mellor axuda.
Tamén a colaboración económica para poder levantar e soster igrexas, escolas, orfanatos, hospitais, como ten que ser nunha acción evanxelizadora que inclúe o anuncio e a realización das esixencias do Evanxeo.
Acabamos de coñecer o exemplo de Fe e Caridade deses misioneiros que estaban en Serra Leona. Resultaron infestados do ébola pois vivían en medio da peste que se estende por terras africanas. Querían atender, curar ós demais, era a pasión que por 30 anos os tiña en Africa. Trouxéronos a España, a ver se curaban e non foi posible. Pero non fuxiron de onda os seus. Volverían, se acadaran a curación.
Velaí a valentía e a forza que da a Alegría do Evanxelio, como di o papa Francisco. Quizais vivamos nós o evanxeo coma unha carga que imos soportando. Os misioneiros teñen o corazón cheo de alegría, no medio da dolor, e por iso están firmes e contentos no medio do sacrificio e tribulacións, como di S. Paulo Apóstolo.
Sintamos a nosa obriga, sacudamos a pasividade e rutinas, axudemos ás Misións. O mellor, sería unha vocación. Se isto non pode ser, oremos e colaboremos.