O Santoral no S. Xoán

por

Rodeando a festividade de S. Xoán Bautista, hai outras en parroquias veciñas.

S. Antonio de Agolada, moi venerado polo labrador. Nas mutuas e cooperativas que floreceron no campo galego, había sempre unha encomenda ao santo de Padua, nado en Lisboa.

S. Adrián da Piña, que ten festas paralelas en Malpica, Razo, Bértoa, Corme. Este ano esperamos que na celebración estea presente, xa recuperado, o Sr Cura Párroco de Sofán, don Xorxe Iglesias Negreira. Pacientemente vai soportando a súa enfermidade en hospitais da Coruña, moi visitado polas súas freguesías.

S. Xoán Bautista en Razo, onde gardan unha magnífica imaxe do Precursor, catalogada por Couselo Bouzas.

S. Paio, o neno martirizado que se fixo tan popular, que conseguiu cambiar o nome ao mosteiro de S. Pedro de Antealtares que está mesmo diante da Porta Santa, e pasou a chamarse de S. Paio de Antealtares. É o patrón da freguesía de Coristanco na que, ademais, dase culto ao S. Paio Ermitán, no 15 de xaneiro.

S. Pedro ten relación con Carballo pois é o titular de Soandres, mosteiro bieito que coidou a vida parroquial da vila hoxe capital de Bergantiños.

En Valenza, en Castrís, nunha capela da Alta de Rus, celebran o S. Pedro. Tamén no S. Paio da Devesa, Entrecruces. Noutros tempos, nesa romaría, era a gran venta das cereixas que deron fama a esta parroquia. Toda a campía aparecía branca na primavera. Eran as cereixeiras, ou cerdeiras, que despois pasaban a unha follaxe verde, e, por antre ela, as vermellas e sabrosas cereixas. En Dubra, eran moi apreciadas, así como as cuncas e   pichetas   de Buño, as sadiñas de Malpica, o pan e os foguetes de Silván.

Tempos aqueles!

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?