Misa en honra ao patrono San Xoán Bautista

por parroquiacarballo

Este 24 de xuño de 2021, festivo local, permitiu aos veciños de Carballo celebrar as festas patronais en honra a San Xoán Bautista dunha forma diferente. Ás doce e media, con representación de todos os grupos políticos municipais, outras autoridades e fregueses da Parroquia, tivo lugar a celebración da Eucaristía sen festeiros invitados, pero gardando as distancias e coas mascaras.

A misa estivo presidida polo Delegado de Medios da Diocese de Santiago de Compostela, Manuel Á. Blanco e  concelebrada polo párroco José García Gondar, e outros sacerdotes de parroquias pretas.

Na homilía, Blanco destacou a figura de San  Xoán Bautista: “El foi o máis grande dos nados de muller antes da chegada de Cristo, en palabras do mesmo Xesús, no Evanxeo”. Destacou tamén a súa misión, que é elixida con cariño por Deus: “unha misión dá sentido á vida”.  Xoán Bautista, engadía Manuel Blanco, “era un home humilde e dispoñible sempre para o Señor”. Neste sentido, concluía, a fidelidade e a misión debe ser a resposta de todos os cristiáns.

Posteriormente, escoitouse a tradicional invocación ao Santo Patrón que o alcalde, Evencio Ferrero, realizou por décimosexta vez consecutiva. No día de hoxe non se realizou a tradicional procesión entre as rúas de Carballo.

Ofrendas

Invocación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ao patrono San Xoán Bautista

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?