“Que San Xoán nos siga protexendo e nos leve a Xesús”

por parroquiacarballo

Queridos carballeses:

Despois da Novena preparatoria, dispoñémonos a celebrar as festas patronais, dun xeito semellante ao  ano  pasado, sen música e sen festeiros invitados. Pero, gardando responsablemente as normas sanitarias, vamos a sentirnos máis unidos como familia e como Comunidade parroquial.

O xoves 24, na Misa de San Xoán, unímonos á invocación que en nome e representación de todo o pobo, o Sr. Alcalde presentará ao patrón San Xoán Bautista. Que nos siga protexendo e nos libre do Covid 19 e todos os males.

O venres 25, é o día grande do Santísimo Sacramento que celebraremos con Misa solemne e Procesión ,para tributarlle a homenaxe da nosa louvanza e acción de grazas a Xesús Sacramentado e pedirlle que bendiga a todas as familias de Carballo.

A Procesión será deste xeito: Levaremos o Santísimo Sacramento nunha carroza engalanada, acompañado soamente polas autoridades en os funcionistas. A procesión irá pola R/Jacinto Amigo, R/Gran Vía, R/Cervantes, R/Valle Inclán, R/Vázquez de Parga, Praza Galicia. Nos tres altares de costume daremos a bendición.

Invitamos aos devotos a engalanar as xanelas e balcóns, e con pétalos de flores aclamar  ao Señor cando pase pola vosa rúa, e os demais a participar desde as beirarrúas con respecto e devoción facendo o sinal da Cruz.

O sábado 26 e o domingo 27, mostraremos o noso cariño de fillos á Virxe María nas advocacións de Nª Sª do Carme e do Perpetuo Socorro, poñendo a toda a Parroquia no seu regazo de Nai.

Nestes días da festa tamén teremos unha pregaria agradecida polos nosos defuntos, especialmente polos que nos deixaron durante este tempo da pandemia .

O meu sincero agradecemento aos funcionistas, aos catequistas, e a todos os voluntarios da Parroquia , e de xeito especial aos que durante estes meses da pandemia co seu traballo e colaboración xenerosa axudan desde Cáritas a cantos están sufrindo a falta de traballo e necesidades básicas. Moitas grazas! Felices festas.

José García Gondar

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?