Pregón de Nadal e recital de panxoliñas

por parroquiacarballo

Sábado. 17 de decembro. Parroquia San Xoán Bautista de Carballo. É o contexto no que tivo lugar o pregón de Nadal e o recital de panxoliñas nas vísperas da Noiteboa. Unha celebración que congregou a moitos fieis na igrexa parroquial.
A Eucaristía estivo presidida por José García Gondar e concelebrada por Eduardo Puga Vila. Un grupo de nenos do catecismo representaron o Nacemento de Xesús e, posteriormemte, pronunciou o pregón de Nadal Alejandro Louzao. “El Mago Alex”, que é o seu nome artístico, fixo as delicias tanto de nenos como de maiores ca súas reflexións sobre o Nadal acompñadas dos trucos de maxia.
Unha vez rematada a Eucaristía, tivo lugar o recital de panxoliñas a cargo do Coro de Voces Brancas, Coral Polifónica de Bergantiños, Coro O Candil de Sísamo, Coro Parroquial da Misa das 8, Coro de nenos e catequistas de Carballo, Manolo Botana, Coro de Maiores Ribeiras do Anllóns, Pepe e Mariano de Cances, Coro Aires de Bergantiños, e por último o Coro Vagalume.
Galería de imaxes
[ot-gallery url=”https://parroquiacarballo.org/gallery/pregon-nadal-e-recital-panxolinas/”]
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?