Sta. María, Nai dos emigrantes – B

por parroquiacarballo

A emigración vixente nos nosos días diríxese a centro Europa. Máis breve en tempo, os traballadores poden vir en vacacións, hai comunicacións fáciles. A dificultade do idioma sábena vencer, pois os galegos son listos e aprenden en seguida.

O doroso está en que marchan os matrimonios e os fillos quedan encomendados ós avós, que con gran entrega coidan os netos e encamíñanos na formación cultural e cristiá.

De vez en cando chéganos a triste noticia de un emigrante accidentado. Se chega a finar, quere vir descansar na súa patria galega. Aquí é funerado e sepultado. Descansen en paz.

En Europa hai capeláns que coidan a Fe dos traballadores. Existen comunidades nas que celebran a Misa comunitariamente.

Ao rezáremos a Salve dicimos que somos uns “desterrados neste Val de Bágoas”. Pois este mundo non é o noso destino final. Aspiramos a un mundo sen separacións, de convivencia grata e feliz. Iso dánolo Noso Señor, como esperamos merecer. Mentres tanto, imos “xemendo e chorando”, suspirando por Dios, por María e todos os nosos. Xesús de Nazaret e súa Nai, María, tamén souperon nesta vida o que é a emigración, o rexeitamento, a pobreza.

Por iso, tanto confiamos neles.

                                              = Inmigrantes =

En pateras ou caiucos atravesan o mar para chegaren a Europa que é un territorio, para eles, un paraíso.

Italia, Grecia, España, son os países máis afectados. Pero o mar, en moitos casos, é o camposanto no que van parar numerosos africáns. Hai mafias que explotan a estas pobres xentes.

Pero a Cruz Roxa, Cáritas, e outras entidades benfeitoras acoden a auxiliar a estes migrantes.  Xa é habitual ver entre nós, paisanos de cor, que temos que respectar pois nós, galegos, tamén fomos emigrantes e seguimos sendo.

= Refuxiados =

As guerras xeran campos de refuxiados. Xentes que tiñan a súa vida ben organizada teñen que fuxir co que poden levar enriba de sí. Alí quedaron os recordos e comodidades dunha vida en familia.

Por Europa andan os refuxiados de Ucrania, que teñen a dificultade da lingua. Hai familias acolledoras. Benditas sexan. Os estados tamén axudan, así como Cáritas e Cruz Roxa

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?