XXXI Semana da Familia

por parroquiacarballo

A Parroquia de Carballo e a Asociación de Pais Católicos organiza a XXXI Semana da Familia que nesta ocasión celebrarase  baixo o lema ‘A familia: fogar que acolle, acompaña e sa’. Precisamente este é o lema que escolleu a Conferencia Episcopal Española para a celebración da Xornada da Sagrada Familia, o pasado 31 de decembro. Convidamos especialmente a rezar nos nosos fogares , e a pedir á Sagrada Familia que bendiga ás nosas familias.

Domingo 29 de abril:

12,30 hs: Misa comezo Semana da Familia. Catequese cos nenos: “Xesús ensínanos a vivir en familia

 

Martes 1 de maio:

12,30 hs: Celebración da Primeira Comuñón de trinta e cinco nenos.

 

Mércores 2 de maio:

20,30 hs: Charla para pais e confirmandos “O uso responsable de Internet e as Novas Tecnoloxías” a cargo de Manuel Angel García Gómez, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

 

Xoves 3 de maio:

20,30 hs: Mesa redonda “Aprendendo a amar”. Percorrido polos programas de Caritas. Modera Maite Prieto, educadora social de Caritas.

 

Venres 4 de maio:

21:00 hs: Procesión das antorchas. Desde a Capela da Milagrosa coas  imaxes da Virxen de cada Parroquia nunha carroza engalanada. Será presidida polo “Icono de la Inmaculada joven”. Rematará na Igrexa parroquial cun acto mariano e a consagración das Familias á Virxe “Mater Misericordiae”.

 

Sábado 5 de maio:

18:00 hs: Misa e bendición dos enfermos. Celebración comunitaria da  Santa Unción.

 

Domingo 6 de Maio:

12,30 hs: Día da Nai. Misa homenaxe ás Nais.

Mamás traede os vosos fillos e netos. Fillos invitade ás vosas mamás para que María Nai vos bendiga.

 

Sábado 12 de Maio:

20,00 hs: Celebración do sacramento da Confirmación e Bautismo de adultos. Presidirá o Sr Bispo Auxiliar D. Xesús Fernández .

 

DURANTE TODA A SEMANA DA FAMILIA

Poñamos as familias baixo a protección maternal de María

Na Capela da Milagrosa:

18,30 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias

19,00 hs: Misa da familia

Na Capela da Monxas:

19,00 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias

19,30 hs: Misa da familia

Na Igrexa Parroquial:

19,30 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias

20,00 hs: Misa da familia

 

Programa PDF

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?