Parroquia de Carballo
  • Inicio
  • Educar
    • Catequesis
    • Matrícula Catecismo
    • Pastoral Juvenil
    • Familia
    • Formación Cristiana
    • Información y Prensa
    • Agentes de Pastoral
  • Celebrar
    • Sacramentos
    • Liturgia
    • Evangelio del día
  • Cáritas
  • Comunidades
    • Iglesia parroquial
    • San Cristovo
    • A Brea
    • Capela da Milagrosa
    • Hijas de la Caridad
    • Bértoa
    • Cances
    • Goiáns
    • Lema
    • Lemaio
    • Oza
    • Razo
    • Sísamo
    • Vilela
    • Sacerdotes y Parroquias
  • Centro Social
    • Proyecto educativo
    • Cursos CSSXB
    • Cursos subvencionados
    • Excursiones
    • Semanas
    • Información
  • Parroquia
    • Sacerdotes
    • Agenda telefónica
    • Horarios de Misas de la UPA
    • Cómo llegar
    • Formularios online
      • Contactar
      • WhatXanela
      • Matrícula Catecismo
      • Ofrezco trabajo
      • Busco Trabajo
    • WhatXanela
    • Avisos de la semana
    • Bolsa de Trabajo
  • Contactar
Parroquia

Fiestas patronales en Lema

por parroquia 10 de julio de 2024

Hoy miércoles 11 de julio se celebró en la Parroquia de Lema, una de las que componen la UPA de Carballo, la festividad de San Cristóbal y mañana, el Santísimo Sacramento y Nuestra Señora del Carmen.

10 de julio de 2024
A Xanela semanal

Publicada A Xanela Nº 544

por parroquia 6 de julio de 2024

Queridos lectores de A Xanela

Os deseamos un feliz verano y te ofrecemos algunas ideas para que mientras disfrutas de tu merecido descanso, no pierdas tu ritmo espiritual y tu relación con Dios.

  1. Un Domingo sin misa es como un mar sin agua. El cristiano se baña en la Palabra del Señor para encontrar la frescura en su vida. ¡BUSCA LA MISA ALLÁ DONDE TE ENCUENTRES!
  2. Un corazón cristiano sin caridad no descansa en paz. El verano es una oportunidad para ofrecernos como voluntarios, para atender a los padres, para estar con aquellos que hemos dejado abandonados por el camino.
  3. Elige un libro, y si puede ser espiritual mejor, que te aporte valores, que nutra tu vida con un poco de sensatez, de cordura. Una buena lectura nos hace más equilibrados.
  4. Las ocupaciones profesionales, que son ocupaciones, a veces son excusas para no dedicarnos de lleno a la familia. El verano cristiano es una buena plataforma para acercarnos al mundo de los hijos, para resituar y potenciar la vida matrimonial, para caminar juntos.
  5. Finalmente da gracias a Dios de todo corazón. Ejercita la oración. Participa en la religiosidad popular del pueblo donde te encuentres. Una romería, un rosario, una procesión o una novena, tal vez te hagan descubrir que, como Juan, Pedro y Santiago, también podemos disfrutar estando en la presencia del Señor con la compañía de Santa María.

Publicamos en este número un artículo de Xosé Pumar sobre D. Xesús Antelo Quitáns. Al mismo tiempo, invitar a participar en la Misa de Acción de Gracias por los 60 años de su Ordenación Sacerdotal que tendrá lugar el domingo día 7 de julio a las 13:30 hs en la Capilla de San Pedro Cances

Finalmente recogemos todos los avisos para la semana: Misa en honor de San Benito, Misa mensual a Nª Sª de Lourdes en su Capilla de Xoane, Novena preparatoria para la Fiesta de Nª Sª del Carmen en Sísamo, fiestas en las Parroquias de la Unidad Pastoral, etc.

Continúa hasta el día 16 de este mes en el Centro Social la exposición de pintura a favor de Caritas.  La muestra está integrada por obra de Santiago Luaces de la Herranz y los beneficios se destinarán a la labor diaria de Cáritas. Las pujas pueden hacerse por escrito en la subasta, por WhatsApp (655 916 979) o Instagram (@sluaces_art), donde se puede consultar el catálogo.

Feliz semana

José García Gondar

A_Xanela semanal_544

 

6 de julio de 2024
Xosé Pumar

En memoria de D. Xesús Antelo Quintáns (e.p.d.)

por parroquia 6 de julio de 2024

No mes de maio de 1.941, cando abrochaban as carballeiras da Nosa Terra, naceu D. Xesús, no Casal de Rial, preto da igrexa parroquial. Aquela casa fidalga ten visión largacia cara o Val de Dubra, albiscando a igrexa de Niveiro, na outra banda do Val. Nesa mesma casa, na xeración anterior (tíos pois de D. Xesús) naceran un sacerdote, dous médicos e dous mestres de ensinanza primaria. Era, pois, unha familia talvez a máis sobranceira de Dubra.

D. Xesús, neno, veu para Buxán, cabo de seu tío e padriño, o noso párroco D. Xesús Antelo Rodríguez. Alí foi á escola. Pola acción pastoral deste párroco xurdiron alí vocacións sacerdotais que floreceron pouco despois de finado o sacerdote que sementara ese don nas almas dos fregueses. Efectivamente, finou en 1.962 e aqueles xóvenes presbíteros foron ordenados no 1.964,1.965 e 1.968. Velaquí os seus nomes: D. Xesús Antelo, D. Cándido Señarís, D. Xosé Cornes, D. Manuel Xixirei (que é o único que sobrevive). Esta promoción sacerdotal foi a gloria de Dubra e deixou gran recordo nos destinos que tiveron na nosa diocese.

D. Xesús Antelo, a pouco de ser cura, foi nomeado para exercer en Carballo e, sucesivamente, en máis freguesías bergantiñás. Por tanto, foron 60 anos de servizo sacerdotal a Bergantiños. Así era el o máis veterano deste clero. Foi tamén arcipreste de Bergantiños e Carballés do Ano. As cualidades que a Providencia puxo en D. Xesús fixeron del un instrumento adecuado para evanxelizar nos múltiples cargos que tivo.

A súa harmonía e paz interior non lle permitían tolerar que igrexas, casas rectorais… permanecesen en deterioro constante. Tiña el gusto para rehabilitar, recuperar o que podía perderse. Con facultades para o diálogo, e conversa imaxinativa, poñía de manifesto xeitos de ver os conflictos, que así podía resolver e gañar amizades. Contaba con eses carismas que o constituían un pastor efectivo, silencioso. Entendía a idiosincrasia bergantiñá!

A súa colaboración coa nosa cultura facíaa no mesmo intre da evanxelización. Nas súas igrexas resoaba sempre a lingua galega. Así a Palabra de Dios entra mellor na alma dos naturais de aquí.

Foi o gran apoio da sociedade cultural S. Campio. Os grupos de gaiteiros e bailes de Cances eran a máis esperada intervención alí onde ían.

Quedaba a derradeira e suprema lección da súa fructuosa vida. Os últimos meses foron dominados por unha enfermidade, que, se nalgúns instantes infundía esperanzas, o mal foi avanzando.

 

Con paciencia e sacrificio, poñíase nas mans de Dios e así subía cada día un paso máis coa súa Cruz o camiño do Calvario. Certo que contaba cos coidados da familia e médicos que se desvivían por el. Contaba coas pregas de fregueses e amigos que se interesaban acotío pola súa saúde.

Así chegou D. Xesús ás mans do Pai Eterno plenamente purificado e con grandes merecementos que Dios premiará.

Sentimos todos a orfandade que impón a súa ausencia. ¿Quedarán ermos os campos onde D. Xesús sementou a Palabra do Evanxelio? ¿Finará deserta tanta obra que el fixo entre nós? ¿Non haberá quen collendo a antorcha da Fe que el viviu, se faga cargo de seguir iluminando a mente dos cristiáns?

Coidamos que a intercesión primordial de D. Xesús ante Dios será para que vocacións sacerdotais sigan a estela que el deixou entre nós. E así, cubriríase o valeiro que hoxe sentimos.

Rematamos con esperanza.

Descanse en paz o Rvdo. D. Xesús Antelo Quintáns. Amén

 

 

6 de julio de 2024
Parroquia

Grazas Don Xesús

por parroquia 3 de julio de 2024

A Asociación C. San Campio de Cances e a Comisión que ía organizar a homenaxe invita aos fregueses de Cances e da Unidade Pastoral a participar o próximo domingo día 7 de xullo ás 13,30 hs  na Capela de San Pedro de Cances  na Misa de acción de grazas polos 60 anos do sacerdocio de D. Xesús e pedindo que o teña o seu carón na gloria do ceo xuntamente con todos  os que axudou a vivir  e a morrer cristianamente.

DESPEDIDA DE D. JESÚS

Palabras pronunciadas polo presidente da Asociación San Campio o dia do enterro

Hoxe váisenos o noso Capitán, o Párroco, o Cura, o Amigo e sobre todo a persoa que guiaba o barco da nosa Asociación e das nosas Parroquias de Cances, Razo, Oza e Bértoa e das outras parroquias da Unidade Pastoral.

Digo Capitán, porque cada vez que chegaba a unha das moitas reunións e xuntanzas que faciamos, antes de entrar, sempre nos dicía: “Dan Vds o seu permiso”, e nós contestabamoslle: “Como non. Pase Capitán”.

Don Xesús era así: sencillo, cercano, comprensivo, involucrado e apasionado en todo o que facía e o que se facía… Se un día non podía vir a reunión dicíanos:”Eu estaréi de acordo co que decidades”. El era así.

Déixanos o legado da educación na fe, o amor, a comprensión e moitísimos valores que nos transmitiu  ó longo de todos estes anos.

Pero tamén nos deixa a súa  impronta en moitísimas outras cousas da nosa parroquia de Cances: A Capela na que estamos, a Fonte de San Pedro, o Local Social, a celebración da Cabalgata de Reis, a celebración do Nadal, das Vodas de Ouro e Prata Matrimoniais, a Festa da Familia, etc. etc.

Don Xesús. Chega o momento de despedirnos. Gracias por guiarnos, aconsellarnos, comprendernos…Pero, sobre todo, D.Jesús, como Bo Pastor que era, por manternos sempre xuntos e unidos .

Esperamos que este lugar novo para o que vai destinado sexa unha parroquia así pequeniña como a nosa, na que poida Vd facer as pequenas grandes cousas como as que fixo aquí.

Moitas gracias por todo D. Xesús.

 

3 de julio de 2024
Parroquia

Jesús Antelo Quintáns, o home que puxo a súa capacidade ao servizo dos demais

por parroquia 3 de julio de 2024

IN MEMORIAM, cura de Cances falecido | Sempre sobresaíu por organizar eventos

Xa pasadas as celebracións na honra de San Xoán en Carballo, e a de San Pedro, en Cances, ademais doutros santos, chéganos o tempo de ollar polo retrovisor, reflexionar e lembrar aconteceres, neste caso, como o verán, lastimeiros ou agridoces.

Hai uns días que nos deixou Jesús Antelo Quintáns, párroco de Cances. Cada persoa é un laio agarimoso cara el. Hai, tal vez, pormenores que os fregueses de Cances e parroquianos doutros lugares descoñecen. É motivo destas ringleiras esclarecer algúns aconteceres.

Chegou Jesús a contactar moi profundamente coa parroquia. Aló polo ano 1967 empezou a intimar, especialmente, cos mozos novos, case saídos da puberdade (contabamos 18 ou 19 anos), e el arredor, de 26: mozo forte, ben parecido, cheo de vida. Achegábase para estar connosco ao campo de Vinculeiro para darlle uns chupinazos á pelota. No descanso, ou varios intres, na tarde, botabamos uns grolos e uns pitillos. Estouno vendo coa sotana remangada, practicando un malísimo fútbol e dándónos boísimos consellos.

Interveu para que se arranxara o Vinculeiro e, facendo de seleccionador, formou un equipo que disputaba partidos con conxuntos doutras aldeas veciñas. Competindo na casa, por reclamo del, asistíannos, en caso de lesión, o doutor Eduardo Muñiz e os masaxistas Francisco Varela (O Creghiño) e José Villar (O Paneiro). Ámbolos tres xa metidos en anos. Viva a concordia e a ledicia, diso se trata.

Moi adiantado aos tempos, metéuselle no caletre a posibilidade de formar un equipo feminino, e nesta procura, propuxo como adestrador a un rapaz (naquel tempo), Ramón Sierra, de inmellorable talante e total garantía. Non dou arrincado o proxecto: era «daquela».

O fútbol mellorou, houbo equipo con xunta directiva e competición regulamentada. Jesús sempre estivo cooperando en pro del.

Habilitou un espazo na casa reitoral, o teleclub, espazo de reunión de mozos e non tanto. Compre dicir, falando de espazos, que á súa chegada non comezou a vivir na casa reitoral, xa que estaba habitada por Tomás Dosil e persoas afíns, entre elas, Carme, «Carme do Cura», empregada doméstica, que atendeu despois a Jesús. Viviu de pensión o novo crego e de aluguer nunha casa veciña. Desprazábase en moto e, despois, nun 600. Daba clase no colexio Leus. En fin, tempos pouco farturentos, coma agora, ou menos.

Facendo camiño ao andar, organizou un grupo de teatro que representaba obras no salón do Moreno e que, polo bo facer, se representaron en Carballo. A el débese un grupo de baile e gaiteiros (en colaboración coa ANPA), sendo a preparadora Gemma, profesora do Alfredo Brañas. Acadouse un altísimo nivel, afincando o ombro pais de rapaces (por poñer un exemplo, Manolo Rama Blas). Mantivo en activo a uns músicos veteranos (Cances foi terra deles), os Gaiteiros de Cances, aos que incorporou a Carme, boa pandereteira. Pola súa iniciativa rendéuselle homenaxe, xunto a Freixeiro Mato, catedrático na Coruña, no Pazo da Cultura, en Carballo, hai un lote de anos.

Era perentorio para os agricultores e gandeiros asociarse para importar e exportar produtos. Foi alma mater para que se reunisen formalmente, cos seus estatutos, nunha cooperativa. Foi o primeiro presidente Emilio Castro Pardiñas e, secretario, o mestre Ignacio Dosil.

Loitou para que houbese unha terceira escola unitaria. Conseguiuse. E grazas ás súas xestións con propietarios de parcelas no Campo da Feira (non todo o mar é ourego), podemos desfrutar dun centro social onde ao longo do ano hai reunións, actividades e festas.

Festas

Falando delas, propuxo o primeiro domingo de xullo como a Festa dos Matrimonios, arestora Festa da Parroquia. Celebración solemne da santa misa, grolo de auga na fonte de San Pedro e comilona no centro social. Sempre sobresaíu Jesús pola capacidade para organizar eventos, con aportación xenerosa do seu peculio, como foi o caso das súas vodas de ouro. Organizou repetidamente viaxes afastadas do terruño, e por varios días (Madrid, Levante, Andalucía), pensando nos maiores. A que permanece rexistrada na mente é aquela que preparou con aquela mocidade no 1971 (agora con setenta e moitos) por terra de Asturias, ata Cantabria, nada menos que tres días. Inesquecible aquela misa no santuario (cova) da Virxe de Covadonga. Endexamais faltou a excursión do catecismo, a do xacobeo e, nalgunhas ocasións, a Fátima e Lourdes.

Non reparaba en disfrazarse

Aconsellou, acompañou aos veciños para realizar obras con miras á comodidade e ao ben común: arranxo de pistas, traída de augas… Tamén aí está a perla, a nena bonita, a fonte de San Pedro. Onde había unha capela pequerrecha, levantouse a actual. O mesmo ocorreu coa reitoral. Novo cemiterio, manter en bo estado os adros… ¡Cantas tarefas!

Aledan as misas dominicais, e outras de «capote», a actuación do coro. Grupo de veciñas, nun comezo, acompañadas por Óscar Calvete ao piano e, despois, a irmá, Mercedes, dirixiunas con mestría. Outro «pecado» de Jesús. Ata foi o seu «manager», xa que lle buscou «contratas» no estranxeiro: Berdillo, Coristanco, Rus… Moi arduo foi o seu labor. Así se considera, maila diso, nunca quedou en esquecemento a misión propiamente relixiosa. Axenda moi apertada a deste reverendo. Pois, ben, inda lle quedaba tempo para ser contable nalgunha empresa e dar longos paseos na compañía de veciños aos que con algunha sorna irónica os metía en chismosos compromisos. Ocorrente, como cando algún paisano quería bendicilo coche, non se esquecía de botarlle auga nos dous pés (acelerador e freo). Home intelixente que sempre puxo a capacidade ao servizo dos demais. Comprometido con todos, sen miramentos de condicións sociais. Desfrutaba coa diversión de todos. Non reparaba en disfrazarse imitando personaxes políticos ou meténdose unha perruca vermella como vello roqueiro. Tiven a sorte de ser compañeiro del no lES Alfredo Brañas e dou testemuña da entrega cara os que alí estabamos e a nosa consideración cara el. Por todo, Jesús, moitas grazas.

AURELIO CASTRO REGUEIRA
3 de julio de 2024
A Xanela semanal

Publicada A Xanela Nº 543

por parroquia 29 de junio de 2024

Queridos lectores de A Xanela

¡Bendito y alabado sea el Santísimo Sacramento del altar! Con este canto que resonó con fuerza durante la Novena y de forma especial en las Misas y Procesiones, queremos dar as gracias a Jesús Sacramentado y a cuantos participasteis en las Fiestas Patronales y en la Procesión del Santísimo Sacramento. Que sigamos mostrando nuestra fe, participando en la Santa Misa del domingo y visitando a Jesús Sacramentado. Todos los jueves tenemos el Santísimo expuesto durante todo el día, desde la Misa de las 8,30 hs. En la página web de la Parroquia www.parroquiacarballo.org podéis visualizar las Misas y procesiones de estas Fiestas patronales.

En este número publicamos un artículo de Xosé Pumar titulado «Historia dunha cabeza», así como la invocación del alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a San Xoán Bautista.

Finalmente recordar el próximo domingo día 7 de julio a las 13,30 hs en la Capilla de San Pedro de Cances se celebrará una Misa de acción de gracias por los 60 años del sacerdocio de D. Xesús Antelo Quintáns

Feliz Semana

José García Gondar

A_Xanela semanal_543

 

29 de junio de 2024
Xosé Pumar

Historia dunha cabeza

por parroquia 29 de junio de 2024

A Catedral de Santiago, ésta, a actual, empezou a edificarse no ano 1.075 según se ve nunha inscrición que hai na capela do Salvador (tamén coñecida como de S. Lois, rei de Francia). Era bispo de Compostela don Diego Peláez. Antes houbera a igrexa feita polo rei Alfonso II, que cabía dentro e tiña culto. Ata que xa non facía falta e foi derrumbada.

Continuou a obra o xa arcebispo don Diego Xelmírez. Nos tempos do arcebispo don Pedro Suárez de Deza, foi cando se fixo a parte máis famosa e artística da Catedral: o Pórtico da Gloria.

No ano 1.211 fíxose a consagración da Catedral polo arcebispo don Pedro Muñiz, natural de Brión- Amaia. Hai doce cruces moi artísticas nas paredes da Catedral que son testemuñas daquela consagración feita polo mes de abril.

O Pórtico pagouno o rei Fernando II e dou unha pensión vitalicia ó Mestre Mateo por facer tan grandiosa obra.

Pero pasou o seguinte. Mateo puxo o seu rostro nun daqueles anciáns que tocan no ceo con instrumentos de época. Así se quería inmortalizar. Pero sóuboo o arcebispo Suárez de Deza e mandouno chamar. E díxolle a Mateo que era ser presuntuoso poñerse na Gloria cando aínda estamos na terra e podemos ser pecadores.

Moi triste quedou Mateo. Pero el sabía que había catedrais nas que arquitectos e figuras importantes quixeron ser inmortalizados nas súas obras.

Cavilou Mateo e fixo o seguinte. Non poderei estar na Gloria porque son pecador pero podo quedar, de costas ó Pórtico, mirando ó Señor Santiago que está no altar maior. E así o fixo. Así temos o chamado Santo dos Croques, é o Mestre Mateo, sabio e humilde que quixo quedar ó pé da súa obra.

Fermosa lenda. En Roma hai outra semellante, pero moito máis tardía. Contan que cando Miguel Anxel pintaba a bóveda da Capela Sixtina, había un cardeal que pasaba por alí e queixábase, parecíalle que a obra ía mal, non era digna dunha igrexa. E así varias veces. Tantas que Miguel Anxel acabou poñendo a casa do cardeal no inferno.

Decatouse o ofendido e foillo contar ó papa para que castigase ó pintor. Preguntou o pontífice: ¿onde te puxo?- No inferno, contestou o cardeal. Pois de aí non te podo sacar, amigo. Se fose no Purgatorio… reponsa con sorna o papa.

“Se non é vero é ben trovato” que din os italianos.

 

 

29 de junio de 2024
Parroquia

Fiesta de Nuestra Señora del Carmen, copatrona de Carballo

por parroquia 26 de junio de 2024

Este miércoles 26 de junio, tercer día consecutivo de los actos religiosos del San Xoán, se celebró la festividad de Nuestra Señora del Carmen, copatrona de Carballo. A las 12 y media tuvo lugar una misa en la iglesia parroquial, cantada por la Coral de Bergantiños, presidida por el P. Plácido y concelebrada por José García Gondar.

Posteriormente, la tradicional procesión se abrió paso entre las calles más céntricas de Carballo para completar un itinerario en el que tomaron parte numerosos feligreses.

 

26 de junio de 2024
Parroquia

Fiesta del Corpus Christi en Carballo

por parroquia 25 de junio de 2024

MArtes 25 de junio, segundo día consecutivo los actos religiosos del San Xoán. Día del Corpus Christi, la Solemnidad del Santísimo Cuerpo y Sangre de Cristo, la Fiesta del Santísimo Sacramento. Sabemos –Cristo nos lo ha dicho— que Dios es amor. Y la prueba máxima de ese amor es la presencia permanente de Jesús, el Maestro, en el sacramento de la Eucaristía.

A las doce y media tuvo lugar una Misa, cantada por la Coral de Bergantiños, en la iglesia parroquial presidida por el arzobispo emérito mons. Julián Barrio, y concelebrada por el párroco José García Gondar y varios sacerdotes de la zona.

Al terminar la Misa, tuvo lugar la tradicional procesión: los funcionistas llevaron el Santísimo Sacramento en una carroza engalanada, acompañado por las autoridades civiles, funcionistas y devotos. Recorrió la Calle Coruña, la Gran Vía, la Calle Cervantes, la calle Valle Inclán, la calle Vázquez de Parga, y Plaza Galicia. En los tres altares de costumbre se ha dado la bendición. Varios vecinos aguardaban en cada una de las paradas, donde el Santísimo ha sido recibido con lluvias de pétalos desde los balcones más próximos.

 

 

25 de junio de 2024
Parroquia

San Xoán Bautista | Día do patrono de Carballo

por parroquia 24 de junio de 2024

Este 24 de xuño, festivo local, permitiu aos veciños de Carballo celebrar as festas patronais en honra a San Xoán Bautista. Ás doce e media, con representación de todos os grupos políticos municipais, outras autoridades e fregueses da Parroquia, tivo lugar a celebración da Eucaristía.

A Misa, cantada pola Coral de Bergantiños, estivo presidida polo párroco José García Gondar e  concelebrada polo P. Plácido e outros sacerdotes de parroquias cercanas.

Na homilía, Gondar destacou a figura de San  Xoán Bautista: “El foi o máis grande dos nados de muller antes da chegada de Cristo, en palabras do mesmo Xesús, no Evanxeo”.

Posteriormente, escoitouse a tradicional invocación ao Santo Patrón que o alcalde, Evencio Ferrero.

Finalmente tivo lugar a tradicional procesión polas rúas de Carballo.

 

 

24 de junio de 2024
Las publicaciones más nuevas
Publicaciones anteriores

Entradas recientes

  • Cáritas abre su carpa solidaria en Carballo para impulsar la colaboración en la campaña de Navidad
  • Publicada A Xanela Nº 664
  • REUNION PADRES 1ª COMUNION
  • Reunión Asociación Pais Católicos
  • FIESTA DE SAN MARTÍN
  • NOVENA DE ANIMAS  Y FUNERAL POR TODOS LOS DIFUNTOS DE LA PARROQUIA
  • MISA POR LOS ENFERMOS
  • Carpa solidaria de Cáritas

Parroquia San Xoán Bautista de Carballo. Copyright © 2021
obra

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no participar si lo desea. Leer más

Denegar Ajustes de las cookies
Acceptar Aceptar todo
Las cookies son pequeños archivos de texto que los sitios web pueden utilizar para hacer que la experiencia del usuario sea más eficiente. La ley establece que podemos almacenar cookies en su dispositivo si son estrictamente necesarias para el funcionamiento de este sitio. Para todos los demás tipos de cookies, necesitamos su permiso. Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algunas cookies son colocadas por servicios de terceros que aparecen en nuestras páginas.
  • Necesarias
    Siempre activo
    Las cookies necesarias ayudan a hacer que una web sea utilizable al activar funciones básicas, como la navegación por la página y el acceso a áreas seguras de la web. La web no puede funcionar correctamente sin estas cookies.

  • Marketing
    Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes a través de las webs. La intención es mostrar anuncios que sean relevantes y atractivos para el usuario individual y, por tanto, más valiosos para los editores y los anunciantes de terceros.

  • Analíticas
    Las cookies de análisis ayudan a los propietarios de las webs a comprender cómo interactúan los visitantes con las webs recopilando y facilitando información de forma anónima.

  • Preferencias
    Las cookies de preferencias permiten a una web recordar información que cambia la forma en que se comporta o se ve la web, como tu idioma preferido o la región en la que te encuentras.

  • Sin clasificar
    Las cookies no clasificadas son cookies que estamos procesando para clasificar, conjuntamente con los proveedores de cookies individuales.

Política de Cookies
Parroquia de Carballo
  • Inicio
  • Educar
    • Catequesis
    • Matrícula Catecismo
    • Pastoral Juvenil
    • Familia
    • Formación Cristiana
    • Información y Prensa
    • Agentes de Pastoral
  • Celebrar
    • Sacramentos
    • Liturgia
    • Evangelio del día
  • Cáritas
  • Comunidades
    • Iglesia parroquial
    • San Cristovo
    • A Brea
    • Capela da Milagrosa
    • Hijas de la Caridad
    • Bértoa
    • Cances
    • Goiáns
    • Lema
    • Lemaio
    • Oza
    • Razo
    • Sísamo
    • Vilela
    • Sacerdotes y Parroquias
  • Centro Social
    • Proyecto educativo
    • Cursos CSSXB
    • Cursos subvencionados
    • Excursiones
    • Semanas
    • Información
  • Parroquia
    • Sacerdotes
    • Agenda telefónica
    • Horarios de Misas de la UPA
    • Cómo llegar
    • Formularios online
      • Contactar
      • WhatXanela
      • Matrícula Catecismo
      • Ofrezco trabajo
      • Busco Trabajo
    • WhatXanela
    • Avisos de la semana
    • Bolsa de Trabajo
  • Contactar