Grazas Don Xesús

por parroquiacarballo

A Asociación C. San Campio de Cances e a Comisión que ía organizar a homenaxe invita aos fregueses de Cances e da Unidade Pastoral a participar o próximo domingo día 7 de xullo ás 13,30 hs  na Capela de San Pedro de Cances  na Misa de acción de grazas polos 60 anos do sacerdocio de D. Xesús e pedindo que o teña o seu carón na gloria do ceo xuntamente con todos  os que axudou a vivir  e a morrer cristianamente.

DESPEDIDA DE D. JESÚS

Palabras pronunciadas polo presidente da Asociación San Campio o dia do enterro

Hoxe váisenos o noso Capitán, o Párroco, o Cura, o Amigo e sobre todo a persoa que guiaba o barco da nosa Asociación e das nosas Parroquias de Cances, Razo, Oza e Bértoa e das outras parroquias da Unidade Pastoral.

Digo Capitán, porque cada vez que chegaba a unha das moitas reunións e xuntanzas que faciamos, antes de entrar, sempre nos dicía: “Dan Vds o seu permiso”, e nós contestabamoslle: “Como non. Pase Capitán”.

Don Xesús era así: sencillo, cercano, comprensivo, involucrado e apasionado en todo o que facía e o que se facía… Se un día non podía vir a reunión dicíanos:”Eu estaréi de acordo co que decidades”. El era así.

Déixanos o legado da educación na fe, o amor, a comprensión e moitísimos valores que nos transmitiu  ó longo de todos estes anos.

Pero tamén nos deixa a súa  impronta en moitísimas outras cousas da nosa parroquia de Cances: A Capela na que estamos, a Fonte de San Pedro, o Local Social, a celebración da Cabalgata de Reis, a celebración do Nadal, das Vodas de Ouro e Prata Matrimoniais, a Festa da Familia, etc. etc.

Don Xesús. Chega o momento de despedirnos. Gracias por guiarnos, aconsellarnos, comprendernos…Pero, sobre todo, D.Jesús, como Bo Pastor que era, por manternos sempre xuntos e unidos .

Esperamos que este lugar novo para o que vai destinado sexa unha parroquia así pequeniña como a nosa, na que poida Vd facer as pequenas grandes cousas como as que fixo aquí.

Moitas gracias por todo D. Xesús.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?