Cincuenta anos. Un cura feliz

por

Haberá que dar grazas a Deus tanto polas Vodas de Ouro co sacerdocio como por definirse como un cura feliz. Xosé García Gondar experimenta a felicidade do servidor, do que axuda ós demais, e el mesmo irradia felicidade a todos.

Parabéns, pois, á parroquia de Carballo e a todas as da comunidade parroquial. Están en festa polo acontecemento dunha plenitude sacerdotal, dunha testemuña viva de fidelidade, que foi sempre e seguirá sendo a vida de García Gondar. Necesítanse calidades excepcionais para vivir en felicidade, no medio da entrega e sacrificio en favor dos demais. Humor, simpatía, capacidade de traballo, de comprensión. Isto teno García Gondar tanto para os fregueses como para coas autoridades eclesiásticas e civís. Os arcebispos de Compostela, desde Quiroga a Barrio, tiveron especial valoración polas súas dotes intelectuais e pastorais. Por iso foi vicario episcopal e outros cargos, e Carballo aparece visitado con frecuencia e admirado ó calor do seu párroco polos bispos que ata acó veñen.Demostran así a confianza no celo de García Gondar e aprenden do que aquí se leva a cabo.

Carballo é hoxe a parroquia máis numerosa da arquidiocese, ten unha organización no campo pastoral e da caridade que resulta modélica para freguesías das nosas cidades. Isto débese á creatividade e á entrega do seu pastor, a don Xosé García Gondar. Tivo, e ten, colaboradores, clérigos ou laicos, pero o deseño e orientación sempre é del. Para moitos de nós, que somos do común dos mortais, a felicidade é unha situación transeúnte, máis breve do que quixeramos. Imos levando a Cruz, con conciencia tranquila. Converter a dor e a Cruz en felicidade permanente é obra de grandes personalidades no humano e no espiritual como García Gondar.

Xosé Pumar Gándara

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?