Parroquia de Carballo
  • Inicio
  • Educar
    • Catequesis
    • Matrícula Catecismo
    • Pastoral Juvenil
    • Familia
    • Formación Cristiana
    • Información y Prensa
    • Agentes de Pastoral
  • Celebrar
    • Sacramentos
    • Liturgia
    • Evangelio del día
  • Cáritas
  • Comunidades
    • Iglesia parroquial
    • San Cristovo
    • A Brea
    • Capela da Milagrosa
    • Hijas de la Caridad
    • Bértoa
    • Cances
    • Goiáns
    • Lema
    • Lemaio
    • Oza
    • Razo
    • Sísamo
    • Vilela
    • Sacerdotes y Parroquias
  • Centro Social
    • Proyecto educativo
    • Cursos CSSXB
    • Cursos subvencionados
    • Excursiones
    • Semanas
    • Información
  • Parroquia
    • Sacerdotes
    • Agenda telefónica
    • Horarios de Misas de la UPA
    • Cómo llegar
    • Formularios online
      • Contactar
      • WhatXanela
      • Matrícula Catecismo
      • Ofrezco trabajo
      • Busco Trabajo
    • WhatXanela
    • Avisos de la semana
    • Bolsa de Trabajo
  • Contactar
Parroquia

Clausura en Carballo do curso parroquial 2024-2025: recoñecemento á solidariedade e á formación como ferramentas de inclusión

por parroquiacarballo 13 de junio de 2025
13 de junio de 2025
518

A Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo, en colaboración con Cáritas Interparroquial de Bergantiños e o Centro Social «San Xoán Bautista», celebrou este xoves 12 de xuño o acto de clausura do curso 2024-2025, unha cita marcada pola emoción, os agradecementos e a posta en valor do labor educativo, social e comunitario que se desenvolve durante todo o ano no corazón desta vila bergantiñá.

O evento, celebrado nas instalacións parroquiais, contou coa presenza de autoridades locais e eclesiásticas, entre elas o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez; o párroco e consiliario de Cáritas, José García Gondar; o director de Cáritas Interparroquial, José María Martínez Casares; e a directora de Cáritas Parroquial, María Dolores Calvo Pumpido. O acto, dirixido por Fina Rey, comezoou cunha oración e a posterior presentación da memoria anual de actividades, un documento que puxo de manifesto o amplo abano de iniciativas que a parroquia desenvolve ao longo do curso, dirixidas a favorecer a inclusión, a solidariedade e o acompañamento das persoas máis vulnerables da comunidade.

Un dos momentos máis significativos foi a intervención do párroco José García Gondar, quen compartiu a súa emoción por unha dobre celebración persoal e comunitaria: o 50 aniversario da inauguración do complexo parroquial e os seus 60 anos como sacerdote, dos cales 53 foron exercidos en Carballo. Gondar fixo fincapé en que, malia non nacer nesta vila, sente Carballo como a súa casa e a súa xente como unha gran familia. Subliñou que a parroquia, xunto con Cáritas e o Centro Social, continúa apostando polo compromiso social e polas novas tecnoloxías, e destacou que “a Igrexa parroquial debe seguir sendo unha casa aberta para todos, un oasis de silencio, unha casa solidaria e un hospital de campaña para curar as feridas da alma”.

Durante o acto tamén tomou a palabra o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quen destacou o papel exemplar que desenvolve a parroquia como motor de cohesión social e integración. Agradeceu a entrega e o voluntarismo das persoas que fan posible este labor os sete días da semana, os doce meses do ano, e sinalou que “Carballo é un lugar de acollida, e iso débese en boa medida á acción permanente e comprometida de quen traballa desde a parroquia”.

Un dos piares fundamentais da actividade parroquial foi, un ano máis, a formación como ferramenta de inclusión social. A través do Centro Social «San Xoán Bautista» e en colaboración con Cáritas, a Consellería de Sanidade, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o Concello de Carballo, desenvolvéronse ao longo do 2024/2025 diversos cursos formativos de inserción sociolaboral que contaron cunha ampla participación de persoas procedentes non só de Galicia e outras partes de España, senón tamén de países como Venezuela, Senegal, Cuba, Colombia, Perú, Marruecos e Uruguay. Esta diversidade cultural converteuse nun dos sinais de identidade da acción parroquial, que aposta pola integración real e efectiva a través da educación e a capacitación profesional.

Entre os cursos impartidos destacan dúas edicións do Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, realizadas entre setembro e decembro de 2024 e entre marzo e maio de 2025 e coa colaboración do Centro de Día “Fogar de Bergantiños” de Verdillo e da residencia Domus VI. Estes cursos formaron a un total de 40 persoas, dotándoas de competencias reais para traballar no coidado de persoas maiores e dependentes.

Complementariamente, os alumnos participaron en diversos obradoiros especializados, organizados pola Escola Galega de Saúde, como o taller para a prevención de úlceras por presión en pacientes inmobilizados, o obradoiro de psicomotricidade e memoria na terceira idade, de primeiros auxilios, de coidados en casos de diabetes, mobilización de pacientes, hixiene bucodental e hixiene alimentaria, este último co obxectivo de obter o carné de manipulador de alimentos. En total, máis de 40 persoas completaron esta formación, que non só capacita profesionalmente senón que tamén favorece hábitos saudables e de coidado persoal.

Outra iniciativa destacada foi o Curso Básico de Corte e Confección para Maquinista Industrial, impartido de xaneiro a xuño no que participaron dez mozos e mozas, nove dos cales recibiron o seu diploma de aproveitamento. O curso foi deseñado como unha vía de inserción no sector téxtil, especialmente para a mocidade en risco de exclusión social.

Tamén se impartiu un Curso Básico de Operador de Carretilla Elevadora, financiado por Cáritas Diocesana e dirixido especificamente a persoas migrantes en situación irregular que non solicitaran protección internacional. A formación, impartida por profesionais en decembro de 2024, contou con 15 participantes que agora contan cunha cualificación moi demandada en sectores loxísticos e industriais.

Amais destes cursos profesionais, a parroquia tamén promoveu actividades formativas máis centradas no desenvolvemento persoal e no lecer, como cursos de arte floral, bordado e encaixe de bolillos de Camariñas, que aínda que non deron lugar á entrega de diplomas, si cumpriron unha importante función terapéutica, de socialización e de autoestima para as persoas participantes.

Outro dos momentos emotivos do acto foi a entrega das Medallas da Parroquia de Carballo aos voluntarios do Programa de Apoio Educativo “Bo Samaritano”, unha iniciativa pioneira para combater o fracaso escolar entre nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade. Recibiron este recoñecemento Antonio Andreu Cid, María Teresa Veiga Torres, Inés Méndez Fuentes, José Castro Teijeiro e José Vázquez Gómez, con mención especial a Amparo Rodríguez Rodríguez, ausente por causas xustificadas. Grazas a este programa, decenas de nenos reciben apoio académico, emocional e valores para unha convivencia respectuosa e fraternal.

Como colofón, fíxose a entrega conxunta de diplomas aos participantes en todos os cursos, e seguindo a tradición dos últimos anos.

Desde a Parroquia de San Xoán Bautista xa miran cara o novo curso, no que están proxectados novos programas como a Horta Solidaria de Sísamo, a plantación de aguacates, o Xardín da Milagrosa ou a xestión das casas de acollida vinculadas ao convenio entre o Arcebispado e Cáritas. E como ben dixo o párroco: “A parroquia non pecha por vacacións. Seguimos abertos 24 horas ao día, 7 días á semana”.

Compartir 0 FacebookTwitterPinterestLinkedinWhatsappTelegramThreadsBlueskyEmail
Publicación anterior
Publicada A Xanela Nº 591
Publicación siguiente
La labor solidaria de Cáritas de Carballo se extiende a la nueva realidad multicultural

También te puede Interesar

Dios no coge vacaciones

22 de mayo de 2026

OFRENDA FLORAL Y CLAUSURA CURSO CATECISMO

21 de mayo de 2026

PREMIO PARA XOSÉ AMEIXEIRAS

20 de mayo de 2026

MEMORANDO A F. CABEZA QUILES (Q.E.P.D.)

2 de mayo de 2026

Un 1 de mayo marcado por la celebración...

1 de mayo de 2026

Las Nuevas Tecnologías a debate en la Semana...

1 de mayo de 2026

Cáritas sigue reforzando su acción social con “Acompáñote”...

28 de abril de 2026

ACN visibiliza en la Semana de la Familia...

27 de abril de 2026

Los niños del catecismo felicitan a su párroco...

27 de abril de 2026

Catequesis y confesión: preparación para la Primera Comunión

25 de abril de 2026

Entradas recientes

  • Publicada A Xanela Nº 642
  • Evencio Ferrero recibe la medalla de la Parroquia de Carballo
  • La parroquia de Carballo premia y agradece el trabajo de Evencio Ferrero
  • La Parroquia de Carballo clausura el curso pastoral destacando su compromiso social y reconociendo la labor de Evencio Ferrero
  • Publicada A Xanela Nº 641
  • Publicada A Xanela Nº 640
  • Dios no coge vacaciones
  • Publicada A Xanela Nº 639

Parroquia San Xoán Bautista de Carballo. Copyright © 2021
obra

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no participar si lo desea. Leer más

Denegar Ajustes de las cookies
Acceptar Aceptar todo
Las cookies son pequeños archivos de texto que los sitios web pueden utilizar para hacer que la experiencia del usuario sea más eficiente. La ley establece que podemos almacenar cookies en su dispositivo si son estrictamente necesarias para el funcionamiento de este sitio. Para todos los demás tipos de cookies, necesitamos su permiso. Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algunas cookies son colocadas por servicios de terceros que aparecen en nuestras páginas.
  • Necesarias
    Siempre activo
    Las cookies necesarias ayudan a hacer que una web sea utilizable al activar funciones básicas, como la navegación por la página y el acceso a áreas seguras de la web. La web no puede funcionar correctamente sin estas cookies.

  • Marketing
    Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes a través de las webs. La intención es mostrar anuncios que sean relevantes y atractivos para el usuario individual y, por tanto, más valiosos para los editores y los anunciantes de terceros.

  • Analíticas
    Las cookies de análisis ayudan a los propietarios de las webs a comprender cómo interactúan los visitantes con las webs recopilando y facilitando información de forma anónima.

  • Preferencias
    Las cookies de preferencias permiten a una web recordar información que cambia la forma en que se comporta o se ve la web, como tu idioma preferido o la región en la que te encuentras.

  • Sin clasificar
    Las cookies no clasificadas son cookies que estamos procesando para clasificar, conjuntamente con los proveedores de cookies individuales.

Política de Cookies
Parroquia de Carballo
  • Inicio
  • Educar
    • Catequesis
    • Matrícula Catecismo
    • Pastoral Juvenil
    • Familia
    • Formación Cristiana
    • Información y Prensa
    • Agentes de Pastoral
  • Celebrar
    • Sacramentos
    • Liturgia
    • Evangelio del día
  • Cáritas
  • Comunidades
    • Iglesia parroquial
    • San Cristovo
    • A Brea
    • Capela da Milagrosa
    • Hijas de la Caridad
    • Bértoa
    • Cances
    • Goiáns
    • Lema
    • Lemaio
    • Oza
    • Razo
    • Sísamo
    • Vilela
    • Sacerdotes y Parroquias
  • Centro Social
    • Proyecto educativo
    • Cursos CSSXB
    • Cursos subvencionados
    • Excursiones
    • Semanas
    • Información
  • Parroquia
    • Sacerdotes
    • Agenda telefónica
    • Horarios de Misas de la UPA
    • Cómo llegar
    • Formularios online
      • Contactar
      • WhatXanela
      • Matrícula Catecismo
      • Ofrezco trabajo
      • Busco Trabajo
    • WhatXanela
    • Avisos de la semana
    • Bolsa de Trabajo
  • Contactar