Coa restauración dos altares de Ánimas e de Santa Ana, rematamos as obras… en Sísamo

por parroquiacarballo

Queridos fregueses de Sísamo:
Desde o ano 1999 estou ao voso servizo como Cura de Sísamo, intentando  atendervos o mellor que sei e podo. Aínda que son consciente de que  é unha dedicación a tempo parcial , xa que teño o encargo de Carballo e demais parroquias da Unidade Pastoral.
Durante estos anos levamos feito moitas  cousas xuntos  , obras e melloras  materiais que  tuveron como broche de ouro a restauración dos altares laterais de Ánimas e Santa Ana.
Aínda que  están a vista de todos , aquí vai unha relación das  obras feitas:
IGREXA PARROQUIAL:

  • Repicar paredes interiores  e encintar pedras
  • Piso granito presbiterio, e porta sacristía
  • Capilla Santa Ana: piso, traslado Pía bautismal, repisa imaxe Socorro
  • Recebo e pintura paredes exteriores e teitos, tribuna igrexa, sacristía, portas …
  • Novo altar e ambón de madeira, bancos presbiterio
  • Restauración e pintura ouro no Retablo do altar maior
  • Restauración e pintura retablos laterais: Nª Sª do Carme (pagou a Confraría) e San Antonio
  • Pintura Santo  Cristo, imaxe de San Roque
  • Nova imaxe de Nª Sª do Pilar
  • Reforma instalación eléctrica
  • Megafonía
  • Reixas ventanas, taboleiro anuncios, lamparario de ferro
  • Restauración e pintura de bancos igrexa, reclinatorios, mobiliario sacristía, andas procesión…
  • Niquelado Cruz e candelabros
  • Restauración lámpara bronce presbiterio, coronas Nª Sª do Carme e demais imaxes.

ADRO PARROQUIAL

  • Muro Cierre, verja e portal ferro (subvención Diputación)
  • Limpeza Cruceiro
  • Pasillo e acera de pedra (Concello)

CASA DA FÁBRICA

  • Obras de acondicionamento, piso, ventanas, electricidade, mobiliario… para catecismo e actividades da Asociación O Candil
  • Coa axuda dos fregueses que colaboraron cos seus donativos e coas colectas e ingresos da Parroquia  realizamos todas estas obras  por un importe de 114.031 €

CASA RECTORAL

  • Tamén se realizaron obras importantes na Casa Rectoral para a súa conservación e darlle un destino social de casa de acollida. Coa axuda de Cáritas  botouse un  tellado novo  por importe de 19.662 € e outras obras de acondicionamento  e mobiliario  por importe de 4.500 €

E como culminación das obras a restauración dos altares laterais de Änimas e Santa Ana por importe de 11.000 € que estamos debendo.
 

Díptico informativo

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?