Que Descanse en Paz Sor Matile

por parroquiacarballo

O mércores día 18, con  102 anos e dos meses de idade, o Señor chamou á súa presencia a Sor Matilde, despois de 85 anos de consagración como Filla da Caridade. Toda unha vida adicada a vivir a raíña das virtudes, a Caridade. Leva en Carballo 41 anos. Foi catequista mentres a saúde llo permitiu, visitaba ós enfermos, consolábaos e leváballes a Sagrada Comunión. Hai uns anos que está enferma, pero as irmáns, Fillas da Caridade,  coidárona cun cariño exemplar
O xoves día 19 despedímola na Igrexa Parroquial coa celebración da Eucaristía e recibiu cristiana sepultura no Camposanto de Carballo, onde repousan as Fillas da Caridade falecidas.
Poñemos os datos biográficos de Sor Matilde:
Sor Matilde Vazquez Fernández nace en A Teixería (A Ribeira Sacra, Ourense), o 25- IX – 1.914.Comeza o noviciado para entrar nas Fillas da Caridade, o 8- IX – 1.932, en Madrid.
O primeiro destino: Bustiello, un sanatorio en Avilés (Asturias). Desde septembro 1.933 a outubro 1.943.
Desde esta data, ata septembro 1.971, está nun Asilo para Nenos, na Coruña.
Pasa en septembro de 1.971 ata novembro 1.973, a Llarames (Avilés) para un Colexio da Milagrosa.
De novembro 1.973 a xuño 1.975, en S. Martín de Laspra (Asturias).
En xuño 1.975, vén para o Colexio da V. Milagrosa, en Carballo, onde faleceu.
Que descanse en paz sor Matilde e que pida por nós e polas vocacións sacerdotais e relixiosas.
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?