Día da Muller traballadora

por parroquiacarballo

O Día da Muller traballadora, que celebramos cada ano o oito de marzo, debería facernos reflexionar:

  • Algo duro ocorreu nos tempos pasados contra a muller traballadora. Así foi: o día 8-III-1908, en Nova York 146 traballadores do ramo textil foron queimadas vivas ao demandaren dereitos laborais.
  • Hoxe hai a muller no paro; a que, por igual traballo, cobra menos có home.
  • A muller emigrante, obrigada a deixar ós fillos ao coidado de súa avoa.
  • A muller maltratada, asesinada. A que aguanta, tolera, por amor ós fillos.
  • A nai solteira
  • A muller nacida para ser escrava, en tantas culturas.
  • A que cae nas redes da prostitución.
  • A muller que é maioritaria na universidade, pero non ten esa presencia nos centros de administracións ou poder.

Se fixeramos agora un balance do que significa hoxe a muller, teríamos:

  • Nais de familia que viven entregadas á educación dos fillos, e, polo tanto, da sociedade.
  • Colaboradoras en ONGs na Igrexa, Cáritas e Mans Unidas.
  • Voluntarias que exercen como catequistas, animadoras da pastoral das parroquias, etc…

Queda moito para que a mulller teña na sociedade actual a consideración que merece.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?