O Día do Señor

por

O domingo. Hai poucos anos tivemos na  diocese unha campaña a favor do domingo, como festa do Señor e do home. Liturxia (Di a catequese) e descanso.

Nótase ben na asistencia dos fieis a presión que fan actividades deportivas e culturais sobre o domingo.

Para os crentes, é o día do Señor resucitado, o da presencia do Espíritu Santo.

Tamén na Coresma os domingos son días da Resurrección do Señor. Por iso se interrompe o sentido penitencial deses días cuaresmais.

O domingo é o día da familia eclesial, parroquial, que ten asamblea festiva para escoitar a Palabra de Deus e celebrar a Eucaristía pois temos a mensaxe semanal do Señor para nós.

O domingo está feito para o descanso. Debe ser un día familiar, serenante. Un día para admirar a obra de Deus: a natureza.

Os xudeos tiñan o sábado como o seu día festivo, que gardaban escrupulosamente en canto o descanso.

No islam, teñen o venres como o gran día de gracias nas mezquitas.

Nós,  os cristiáns deberíamos ter o domingo como símbolo do descanso eterno que esperamos acadar. Interrupción, pois, do traballo, xa que o domingo está feito para Dios e para o ser humano.

Os domingos de Coresma teñen todos unha mensaxe concreta no camino ata a Pascua. Nótase neles o sentido penitencial e bautismal que había nos primeiros tempos da Igrexa. Aproveitemos esa revitalización da nosa Fe.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?