O Entroido

por

Entroido, Antroido,Carnaval, Carnestolendas… nomes propios para un tempo que na vida cristiá e na liturxia está referido á Pascua de Resurrección.

Hai elementos culturais, históricos e prehistóricos no Entroido. O tempo para cazar era preferentemente o inverno. Os nosos señores do Medievo tiñan niso o seu gran divertimento. Os Andrade tiñan o xabarín como seu animal totémico.  Vai no seu escudo, está nos seus sartegos e marca o territorio do seu dominio. Os Osorio de Altamira tiñan a cabeza de lobo aberta, sangrante, como o seu distintivo. Os Moscoso de Montaos levan lobos nas súas armas. Cazaban con arco, frechas, cordas, foxos… E cando remataba o inverno, gran festa tiñan coa caza obtida nos seus vastos territorios. Mesmo en grandes acordos entre eles eran festexados coa caza maior.

Algo temos  nós  de vencello prehistórico cando aproveitamos no Entroido as carnes do xabarín domesticado, o porco común. Hoxe sacrificado con métodos menos dolorosos.

Volvendo ao noso pasado, non tan lonxano, a borralla das nosas lareiras era o mellor alimento para as nosas  cortiñas. Totalmente ecolóxico. E os prados xurdían verdes e con abundante herba.

Hoxe temos medios para abonar masivamente, pero moi cheirentos en comparanza ca humilde borralla.

Lección do Entroido de algo hai que absterse na Coresma. Cada quen saberá cal é a pasión dominante, o defecto que nel máis daño fai á súa vida cristiá. Todo isto para renacer, para ter unha Pascua, vida nova, con Xexuscristo Resucitado, a pesares de que teñamos que recoñecer que somos cinza, fraxilidade, como facían os antigos nos textos da Biblia. Son exemplos antecesores, vestirse de saco e cubrirse de cinza eran signos de penitencia para obter o perdón de Deus. Acoller a Coresma, despois duns días nos que gozamos da nosa cultura galega, tan variada no Entroido, é unha boa disposición para empezar o camino da Pascua.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?