Fame no mundo

por

É coma unha labazada nas nosas vidas; unha visión que nos aterra cando vemos a fame na TV., que estraga a dixestión dos nosos xantares.

Pois velaí está: Fronte á fame temos nos nosos días estes feitos.

Guerras costosísimas entre Oriente e Occidente. Culturas e intereses contrapostos que supoñen atentados, inseguridade. Gastos que deberían ir a necesidades primarias como son a alimentación, sanidade e escolas.

Unha corrupción sen medida. Vidas que escandalizan polo nivel de consumo, que ofenden ós demais. Hai clases privilexiadas que teñen recursos para evitaren contribuír ao erario público.

Se o Estado recibise todas as aportacións que xustamente lle corresponden, os menos favorecidos soportarían menor carga impositiva e habería máis fondos para contribuír ao Terceiro Mundo. Hai un apartado, si, nos presupostos dos países europeos para esta finalidade, pero é manifestamente escaso.

Estamos ante un caso de xustiza mundial. Non xa de benigna caridade co Terceiro Mundo. Moito máis se o chamado Primeiro Mundo se beneficia dos bens que recolle naqueles países.

O Papa Francisco clama para que non se desperdicie comida algunha. Hai constancia de que, ás veces, por manter os presos, bótase a perder o que sería alimento dos pobres.

A Campaña é unha chamada urxente á nosa sociedade e á cada un de nós.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?