Día da muller traballadora

por

Para vergonza da humanidade temos que seguir celebrando este Día. Non facía falta ningunha se houbese un mínimo de respecto pola muller. As noticias son constantes, tantas mulleres asasinadas no que vai de ano, no ano pasado… Asasinadas polas súas parellas ou ex parellas. Por vinganza, mesmo, ás veces diante dos fillos, para maior tormento. Pode rematar este nefasto día co suicidio do propio asasino. Despois,  xa sabemos, que se a pobre muller denunciara malos tratos, ou non; se perdoara a quen parecía arrepentido…

Vén seguidamente a garda duns minutos de silencio e aplausos.

Pois ímonos acostumando, perdemos sensibilidade os humanos.

Hai unha gran falta de estima á muller. Tantas veces nai sacrificada, abandoada. E loitando por criar os fillos.

Ningunha relixión, ningunha cultura, ningunha convención pode ensinar que a muller sexa inferior ao home. Hai unha perfecta igualdade, dignidade. Con dotes específicas, pero endexamais a muller pode ser considerada como de menos facultades ca o home.

Os organismos públicos crearon centros de acollida para mulleres maltratadas. Cáritas Diocesana hai pouco vén de abrir en Carballo un centro para acoller a mulleres con dificultades na súa maternidade ou no propio fogar.

No 8- III- 1.908, en Novo Iork, foron queimadas vivas 146 mulleres que traballaban no téxtil e reclamaban dereitos laborais. O que a muller traballadora vén padecendo nos nosos tempos, supera a matanza de 1.908. Cruel humanidade!

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?