Emotiva despedida a D. Eduardo

por parroquiacarballo

Hoxe a Comunidade Parroquial de Carballo xuntamente coas  de Oza, Lema, Vilela,  Lemaio, Sísamo e Goiáns rendiron un merecido e xusto homenaxe  de gratitude, recoñecemento e cariño ao benquerido D. Eduardo pola súa fraterna e xenerosa colaboración e fecunda laboura apostólica durante estes anos.
Arredor dunha Mesa despediuse Xesús dos seus, no Cenáculo e a despedida convertiuna no Memorial da súa entrega e da súa presencia, no Sacramento da Eucaristía. Por iso tamén, queremos despedir a D. Eduardo arredor do Altar: Mesa da Familia Parroquial, onde el repartiu o Pan da Palabra e do Corpo do Señor Resucitado na Santa Misa e nos Sacramentos.
Gracias D. Eduardo. Que o Señor te recompense e te siga iluminando.
 
[ot-gallery url=”parroquiacarballo.org/gallery/emotiva-despedida-d-eduardo/”]
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?