Este 24 de xuño de 2019, festivo local, permitiu aos veciños de Carballo celebrar as festas patronais en honra a San Xoán Bautista. Ás doce e media tivo lugar a celebración da Eucaristía na que participou a Coral de Bergantiños e na que o alcalde, Evencio Ferrero, realizou a tradicional invocación ao santo.
A misa estivo presidida por José Sánchez Piso e concelebrada por José García Gondar, Xosé Pumar Gándara e Manuel Carrero.
Na homilía, Sánchez Piso, destacou a figura de San Xoán Bautista: “El foi o máis grande dos nados de muller antes da chegada de Cristo, en palabras do mesmo Xesús, no Evanxeo”. Destacou tamén que o Antiguo Testamento representa a lei e o Novo Testamento a gracia e o perdón de Deus. Rematou afirmando que San Xoán foi o maior en cumplir a lei.
Unha vez terminada a Eucaristía, o Presidente da Asociación Histórica da Guardia Civil impuxo á imaxe de San Xoan Bautista a medalla “Matrona de la Hispanidad”.
Posteriormente, a procesión abriuse paso entre as rúas de Carballo para completar un itinerario no que tomaron parte, nun lugar preeminente, representantes de todos os grupos políticos municipais e outras autoridades.
Homilía completa de José Sánchez Piso
Invocación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero
Misa en honor ao patrono San Xoán Bautista
Publicación anterior