A Nosa Señora do Adro

por

(Poema Infantil)

Benvida, María, ao adro parroquial

terás en Carballo, acollida cordial.

Aquí estaba o teu sitio desde anos hai

pois ti es, de Misericordia, gran Nai.

Onda ti, María, viremos rezar

tamén penas e bágoas chorar.

Amámoste, Señora, desde nenos

de por vida teus sempre seremos.

Polo mes de maio, traeremos flores

pois es a Raíña dos nosos amores.

Polo ano adiante, moitas rosas,

as máis belidas das hortas nosas.

Polo mes de San Xoán, carabeles,

de Bergantiños, non os hai coma eles.

Aquí, diante do teu caladiño recuncho

esparexeremos arrecendente fiúncho.

Polo mes de Difuntos, crisantemos

que no noso invernadoiro temos.

Por febreiro, o amarelo das mimosas

pois, Nai, corazón de ouro, te amosas.

E panxoliñas no mes de Nadal

que son o mellor do noso cantoral.

No corazón de cada carballés

o mellor altar para ti tes.

Salve, Nai de Misericordia!

Xosé Pumar

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?