Un novo cruceiro para o camposanto

por parroquiacarballo

Tamén o vendaval pasado fixo estragos no Camposanto Municipal. O vento derrubou o cruceiro que desde  fai anos preside aquel devoto recinto. Hoxe agrandado tal como a expansión de Carballo ven esixindo.
Repoñer alí o cruceiro é ocasión para crear unha obra de arte como corresponde a un monumento que acolle a cantos están no camposanto para recibiren alí sepultura.
Un monumento ao que dirixen a súa mirada os milleiros de devotos alí congregados no día de Defuntos. Que conforte a cantos con bágoas deixan alí aos seus familiares queridos.
Unha obra artística digna do momento humanizador que está vivindo Carballo.
Un cruceiro que un día poida ser citado polos estudiosos da nosa arte galega, como no seu tempo fixeron Castelao e o P. Atanasio Lopez.
Un cruceiro que enriqueza a quenda de artísticos cruceiros que hai nos adros e camposantos de Bergantiños.
Un cruceiro típico galego ha de levar a imaxe do Crucificado e a de Santa María (na súa Asunción).
Pedimos ao Concello, que tan coidado ten o Cementerio municipal, atenda esta petición e  encargue un novo cruceiro.
 
Foto: Ana García

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?