XXXII Semana da Familia

por parroquiacarballo

Coa visita da imaxe peregrina de Nª Sª de Fátima desde o 22 ao 31 de Marzo, as celebracións, as predicacións do P. Fabio e a Eucaristía que celebrou  o Sr. Arzobispo D. Julián Barrio, tivemos a primeira parte da  XXXII Semana de Familia.

Xa tivemos o venres día 29 a procesión Das Antorchas e o sábado 30 a Misa dos enfermos.

Completamos a Semana co seguinte Programa:

Sabado 27 de abril

Cursiño de preparación ao Sacramento do Matrimonio, impartido polos matrimonios da Comunidade de Caná.

 

DOMINGO 28 de abril

12,30: Misa comezo Semana da Familia. Catequese cos nenos: ”Xesús ensinanos a vivir en familia”

 

Luns 29 de abril

20,30: Charla para Pais e confirmandos: “O uso responsable de Internet e das novas tecnoloxías”,  a  cargo  de  Manuel  Angel García Gomez, da Axencia para a Modernización Tecnlóxica de Galicia

 

Martes 30 de abril

20,30:Mesa redonda cos candidatos a Alcaldía con representación municipal para presentar o programa de familia, infancia e Xuventude. Modera Santiago Garrido

 

Mércores día 1 DE MAIO

12,30:Celebración da Primeira Comunión de 25 nenos

 

Xoves 2 DE MAIO

20,30: “Na familia e na túa parroquia podes facer moito” (Charla para Pais, padriños e confirmandos)

 

Venres 3 DE MAIO

21,00: 20,30: Celebración do Sacramento da Penitencia  pais e confirmandos e padriños.

 

Sábado 4 DE MAIO

20,00: Celebración do sacramento da Confirmación.

Domingo 5 DE MAIO

12,30 Misa homenaxe ás nais.

Nais, traede aos vosos fillos e netos. Fillos, invitade as vosas nais  para que María-Nai vos bendiga a todos.

 

Durante toda a semana:

Na Capela da Milagrosa:

18,30 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias

19,00 hs: Misa da familia

Na Capela da Monxas:

19,00 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias

19,30 hs: Misa da familia

Na Igrexa Parroquial:

19,30 hs: Rezo do Rosario pedindo polas familias

20,00 hs: Misa da familia

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?