A Familia

por

Célula fundamental da sociedade e tamén da Igrexa. Moitos valores poden manterse cunha familia unida, cristiá.

Por iso mesmo, é a familia o branco de tantos ataques, querencias, extrañas interpretacións.

Na Igrexa falamos preferentemente da familia que nace no sacramento do matrimonio, bautiza ós seus fillos, edúcaos cristianamente.

Cando falamos da petición de Formación Relixiosa Católica nos colexios, recorremos ás familias. Que sexan consecuentes cos seus principios.

Cando a Igrexa sente a perentoria necesidade de vocacións sacerdotais, pensamos na familia coma un pre-seminario, ou, como di o Concilio Vaticano II, na familia igrexa doméstica. Na visita da imaxe de Nosa Señora de Fátima había como obxectivo principal a recepción polas familias, a bendición das mesmas invocando a protección maternal de María.

Na celebración tradicional da Semana da Familia en Carballo, volvemos a insistir no valor e función evanxelizadora da familia.

Nos Cursiños Prematrimoniais fórmase ós noivos na responsabilidade de educadores cristiáns, ademais dos deberes mutuos de amor e unidade, que son clave para unha familia fundamento da sociedade.

Agora ben. Se a familia perde a sensibilidade cristiá, se se deteriora nos múltiples valores que se viven no fogar, o daño é para fillos, pais; para a Igrexa e para a sociedade.

Nas familias de Bergantiños naceron vocacións relixiosas, misioneiras e sacerdotais. De tanto ben, aínda hoxe quedan expoñentes exemplarizantes.

 

Xosé Pumar

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?