300 Xanelas… e seguiremos coa axuda de Deus

por parroquiacarballo

300 semanas, 2.100 días, 6 cursos (2013-2019) intentando abrir non só a xanela senón a porta da nosa parroquia de par en par… para informar, comunicar e invitar a entrar participando nos Sacramentos e na vida da Comunidade.
O 25 de Xaneiro de 1959 o Papa  San Xoan XXIII anunciaba a súa intención de iniciar un novo concilio para buscar que a Igrexa católica puidese dialogar coa xente do seu tempo. O Papa resumía o que el esperaba dese concilio coa expresión: “Abramos as xanelas da Igrexa”. “Quero abrir ampliamente as xanelas da Igrexa, coa finalidade de que podamos ver o que pasa no exterior, e que o mundo poida ver o que pasa no interior da Igrexa”
Movidos por ese mesmo espíritu intentamos durante estes seis anos,o mesmo que nos anteriores “ derribar muros, abrir  portas e construir comunidade” .
Así quedou visible coas obras de abrir o Adro e colocar a imaxe da nosa Señora da Misericordia, e a renovación da igrexa con motivo dos 40 anos da súa construción.
Procurando que a igrexa  esté aberta durante todo o día, e que a disponibilidade para acoller e atender non se limite ao horario do despacho, senón permanente tamén nas vacacións.
As incontables horas de catequesis, reunións e actividades, as numerosas celebracións de misas, bautismos, comuñóns, confirmacións, matrimonios, …
Todo o xeneroso traballo  dos voluntarios de Caritas que nos lembran que o máis importante e amar …
E no colo de Nosa Señora do Camposanto poñemos a todos os  defuntos  da parroquia e a esperanza das familias.
300 semanas distribuindo cada domingo 600 exemplares da xanela  en papel, preto de 300 enviadas por whatsapp e 800 por email.
E durante estos anos  está aberta unha a Xanela máis grande  que é a  WEB: parroquiacarballo.org
Ao chegar as 300 xanelas queremos facer un libro recollendo unha escolma do publicado, como agradecemento a cantos colaboran a manter a parroquia viva e aberta, e reiterando a invitación a todos a volver a Casa, entrar e participar.
Aproveito esta data para solicitar outra vez  a Radio Voz que nos abra de novo a xanela do programa “A Voz da Igrexa en Bergantiños” que durante 30 anos  estuvo en antena.
Dioloqueira que poidamos chegar a publicar outros 150 números da Xanela, que coincidirá cos meus 50 anos de servizo a esta querida parroquia de Carballo e xuntos dar gracias ao Señor.
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?