47 anos celebrando a Milagrosa

por parroquiacarballo

A primeira vez que contemplei a imaxe da Milagrosa quedei embelsado da súa mirada,do seu colo acolledor.”prendado quedé de su hermosura”que di o poeta.Tanto que tiven o atrevemento de dicir en París, na Capela das aparicións a Santa Catalina Labouré cando fomos en peregrinación como final do ano Xubilar :”Non é paixón de fillo, pero a nosa imaxe da Milagrosa é bastante mais fermosa que esta”
Cheguei a Carballo o 1 de agosto do 1972, acompañado de D. Ramón Antelo Pena, D. Xesús Barrientos Lema e D. Manuel Rodriguez Rodríguez que ainda era diácono. Puxen no colo maternal da Milagrosa e baixo a sua protección o ministerio pastoral que comenzábamos,e ao coñecer a historia de D. Ramón e Dª Basilisa , e  que a Capela era propiedade da familia Peregil Cambón ,fixen a promesa de recuperala para a Parroquia , e promover debidamente o seu culto e devoción..Esta tarefa durará mais de 40 anos, pero a primeira xestión ten lugar nada mais chegar a Carballo, xa que coñecía a Dª María Cambón, freguesa de Salomé e a quen levaba a comuñón todos os meses. A petición de que nos ceda a Capela é negativa. O 13 de xaneiro do 2010 firmo a escritura da adquisición aos herdeiros os bisobriños de D. Ramón e Dª Basilisa irmáns Peregil Cambón.
Culmina así o longo camiño de xestións e intentos de recuperar a Capela iniciado desde o primeiro día de chegar a Carballo.
Lembro con emoción a primeira Festa da Milagrosa o 2 de setembro do 1972.Preparamos a Novena e Misa da Festa con todo o agarimo. D. Manuel, prepara a folla de cantos, ensaia “Madre de los jóvenes”, e entre a súa preciosa voz ,o seu pelo louro de bo mozo, resulta unha celebración solemne e participada.
E desde aquela van 46 Novenas e Festas da Milagrosa  que cada ano vimos celebrando todos os carballeses, cada ano con máis participación. A Festa e Novena da Milagrosa é cada ano  o punto de encontro dos fillos coa Nai Milagrosa na súa Capela
Pero esta devoción recibiu un impulso especial coa celebración do Ano Xubilar Mariano concedido á Capela do 4 de setembro de 2011 ao 2 de setembro de 2012, coa coronación canónica da imaxe. Foi un ano de graza e bendición para os miles de devotos que pasaron pola Capela.
Constitúese oficialmente a Asociación da Medalla Milagrosa e entregáronse 15 Capelas domiciliarias para percorrer as casas de Carballo e parroquias da Unidade Pastoral
O 3 de Setembro de 2103 ,coa bendición da Casa de Acollida “Fogar Dª Basilisa” por D. Julián Barrio puidemos ofrecer a María a mellor coroa que é esta Obra Social do Ano Xubilar, para acoller a nais e nenos, como mostra de apoio e defensa da vida.
Son moitas as obras realizadas na restauración da  Capela, que esta aberta durante todo o día e son moitos os devotos que por alí pasan a dicirlle o seu agarimo de fillos e a presentarlle as necesidades.
Tamén ofrendamos á Virxe catro artísticas vidrieras: Nai dos Nenos, Nai dos enfermos, entregando a medalla a Santa Catalina, e Nai dás flores que fan desta Capela,a “ casiña da Virxe”, máis acolledora e propicia para a oración.
O ano pasado colocamos un Cruceiro na praza  diante da Capela,e seguimos esperando que o Concello faga a obra prometida de arranxar como corresponde este entorno.Unha fonte coa imaxe da Milagrosa e un mural coa Virxe acollendo a todo Carballo son os proxectos pendentes.
Convido a todos os carballeses a unirnos os veciños da Milagrosa para participar na Novena e na Festa da Milagrosa 2019.
A Novena culminará coa Procesión das Antorchas o venres 30,a as 22 horas, rezando o Rosario e con parada da imaxe da Milagrosa nos lugares onde os veciños do barrio están preparando os materiais para a confección de alfombras florales nas rúas polas que vai pasar a Procesión o día da Festa. Reitero asi o meu agradecemento aos devotos que baixo a coordinación de Lola Queijo veñen facendo desde hai 30 anos esta maravilla das alfombras florais
O momento culminante da festa, será  a Misa solemne na praza, o domingo día 1, ás 12,30 hs co altar fermosamente engalanado, e as imaxes do Santo Cristo e da Milagrosa. Coa presenza das autoridades, a presentación dos nenos bautizados no ano, a bendición dos enfermos e a ofrenda floral dos funcionistas.
Este ano instalarase unha carpa para que os devotos poidan participar sin medo as insolacións.
Que a Virxe bendiga e protexa a todos os devotos, o barrio da Milagrosa e a todo Carballo.
José García Gondar
(Artigo publicado na Revista das Festas da Milagrosa)
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?