Alabado sexa o Santísimo Sacramento do altar

por parroquiacarballo

Con este canto que resonou con forza durante a Novena  e de xeito  especial o domingo na Festa e  Procesión do Santísimo Sacramento, queremos dar as grazas ao Señor Sacramentado  e a cantos participastes nas Festas Patronais, especialmente na Misa e  Procesión do Santísimo Sacramento:

  • Ao Sr Alcalde, Corporación Municipal, autoridades e Comisión de Festas
  • Aos 39 funcionistas  que mostraron  a súa fe  e  amor a Xesús Sacramentado e  a Nosa Señora.
  • A Coral de Bergantiños, Coro o Candil e Coro Parroquial por axudarnos a vivir con ledicia de festa as celebracións.
  • Aos voluntarios que portaron o palio, o paso coa custodia e as imáxes nas procesións.
  • Aos veciños das Rúas Gran Via, Cervantes e a Braña que un ano máis prepararon con todo agarimo os altares para a Procesión.
  • A todos os devotos que participaron na Misa e Procesión, manifestando públicamente a súa fe .
  • Á familia García Sanz que se encargou de restaurar a imaxe de Nosa Señora do Perpetuo Socorro.

Agradecer tamén a cantos ao paso da Procesión se puxeron de pé facendo un xesto público e valente de fe.
Que durante todo o ano sigamos mostrando a nosa fe, participando na Misa do domingo e visitando a Xesús Sacramentado, onde queira que estemos.
Louvado sexa Deus. Que El volo pague!
Bo verán para todos
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?