Desde fai varios anos esta funcionando, na Casa Rectoral de Sísamo, na que se puxo o Tellado novo e se fixeron obras de rehabilitación, unha Casa de Acollida de longa duración que se chama “Fogar Apóstolo Santiago”. É un programa de Cáritas Interparroquial de Bergantiños para persoas sin vivienda.
Pero xuntamente coa Casa, comezou o Programa “Horta Solidaria”, que se encargaron de poñer en marcha Ramón Abelenda e Carmen Rey Varela, dirixindo o traballo dos voluntarios que están facendo unha fermosa labor de limpeza do muro, e plantación de hortalizas e flores que dá gusto ver.
Con motivo da Semana cultural que O Candil organiza nos días da Novena de Nª Sª do Carmen, o mércores 17 de xullo, na Misa, fíxose unha dos productos da Horta Solidaria á Virxe do Carme . Tamén se distribuiron no reparto de alimentos de Caritas.
Domingo día 21 ás 13,30 hs terá lugar a Misa solemne en honor de Nª Sª del Carme cantada polo Coro O Candil.