Programa das Festas Patronais

por parroquiacarballo

Un ano máis chega a Festa de San Xoán Bautista, Patrono de Carballo. Son días para a ledicia, a convivencia fraterna, para xuntarse a familia, lembrar os que nos precederon, e  compartir cos que o pasan mal.
Tamén para renovar a nosa vida cristiana. Este ano, con motivo do 40º aniversario da bendición da Igrexa parroquial, invitamos especialmente a todos os carballeses a participar nos actos relixiosos das Festas, e de xeito especial na Misa e Procesión do Santísimo Sacramento o xoves, día 25.
PROGRAMA DAS FESTAS PATRONAIS
Domingo 21: FESTA DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS E DE MARIA
20,30 hs: Misa solemne .Canta a Coral Polifónica de Carballo.
Mércores 24: FESTA DE SAN XOAN BAUTISTA, PATRONO DE CARBALLO
11,00 hs: Misa de Primeiras Comunións
12,30 hs: Misa solemne e Procesión.Preside D.Manuel Rodríguez Rodríguez
O Sr. Alcalde presentará a invocación ao Patrono en nome de todos os carballeses. Canta a Coral de Bergantiños
Xoves 25. FESTA DO SANTISIMO SACRAMENTO
12,30 hs: Misa de acción de gracias e Procesión. Preside o Cardenal D. Antonio María Rouco Varela, Arcebispo emérito de Madrid. Canta a Coral de Bergantiños
Venres 26: FESTA DE Nª Sª DO CARMEN, COPATRONA DE CARBALLO
12,30 hs: Misa solemne e Procesión. Preside D. Oscar Roa Osorio. Canta a Coral de Bergantiños.
Sábado 27: FESTA DE Nª Sª DO PERPETUO SOCORRO
20,30 hs: Misa solemne. Canta o Coro o Candil, de Sísamo.
Domingo 28. FESTA DE SAN JUDAS TADEO
20,30 hs: Misa solemne. Tamén lembraremos a todos os falecidos nestes 40 anos e difuntos da Parroquia. Canta o Coro Parroquial.
Pedimos ao Señor, por intercesión da Virxe María, e do noso Patrono San Xoán Bautista que bendiga a todos. Felices Festas!

José García Gondar

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?