Na parroquia de Sísamo, a solidariedade e a cultura camiñan da man grazas ao traballo conxunto de Cáritas Interparroquial de Bergantiños e a Asociación Cultural O Candil. O “Fogar Apóstolo Santiago”, casa de acollida para persoas sen teito, leva anos sendo un refuxio de esperanza na renovada Casa Rectoral. Xunto a ela brotou tamén a “Horta Solidaria”, grazas á colaboración de Ramón Abelenda e Carmen Rey Varela, que converteron o entorno nunha zona de vida, cheo de hortalizas, flores e xenerosidade.
Este fermoso proxecto viviu un momento especial o martes 15 de xullo, durante a Semana Cultural organizada por O Candil. Na xornada de portas abertas á Horta Solidaria, realizouse unha emotiva ofrenda dos seus froitos á Virxe do Carme durante a Misa presidida por D. José García Gondar, compartindo tamén os produtos coas familias atendidas por Cáritas no seu habitual reparto de alimentos.
A Novena a Nosa Señora do Carme, estase celebrando do 13 ao 20 de xullo. Prepara aos veciños para a gran Festa do domingo 21. Cada día, ás 20:30 horas, rézase o Santo Rosario, así como a celebración da Misa e Exposición do Santísimo.
Entre os actos culturais, destacan o recital das Cantareiras do Candil (luns 14), a exhibición de baile galego (mércores 16), a entrega de diplomas dos cursos da asociación (venres 18) e a tradicional Misa cantada polo Coro O Candil o domingo 20, que culminará cunha emotiva ofrenda floral acompañada dos froitos da horta.

