Diáconos Permanentes

por parroquiacarballo

No pasado día de S. Lourenzo (10-VIII) tivo lugar a ordenación dun novo diácono permanente para a nosa arquidiocese de Santiago. Temos xa nove diáconos nesta condición de permanentes, é dicir, que non pasarán ó sacerdocio ou presbiterado. Son aqueles paIs de familia que, contando coa aceptación dos seus, pasan a exercer a diaconía, é dicir, un servizo pastoral importante na Igrexa Católica.

Os diáconos foron instituídos polos mesmos Apóstolos, como se nos di no libro Feitos dos A. A, cap. V. Tiñan moito traballo os Apóstolos e crearon os diáconos como colaboradores. Nesa primeira tanda de diáconos estaba S. Estevo que pouco despois foi o primeiro mártir do cristianismo (VI, 1-7). Outros diáconos ben coñecidos son S. Lourenzo e S. Vicente, mártires os dous.

Co tempo, na Igrexa determinouse que todos os diáconos pasasen ó presbiterado. E no Vaticano II dispúxose volver á separación, aparecendo así nos nosos tempos os diáconos permanentes.

Son grandes catequistas, distribúen a Eucaristía, bautizan e bendicen Os matrimonios. Os demais sacramentos xa pertencen ós presbíteros.

Nos nosos días hai na Igrexa Católica un movimento feminista que pide para a muller a posibilidade de recibir o diaconado. Ben sabido é canto colabora a muller na obra da evanxelización, caridade, litúrxica… nas nosas parroquias.

Mesmo propuxeron ó papa Francisco esta posibilidade. El prometeu estudar tan importante decisión. De momento, non se pronunciou. Mentres tanto, aparecen dúas opinións. Unha di que a muller non pode ser diaconisa porque o diaconado é sacramento do Orden (o 1º grado). Polo tanto encóntrase dentro da determinación do papa Xoan  Paulo II que dixo que a Igrexa non tiña facultade para dar o presbiterado – episcopado á muller.

Outros entenden que o diaconado é esencialmente un servizo, non presidencia, para a comunidade como os sacerdocios de 2º e 3º grado. Polo tanto non debe incluirse na disposición de Xoan . Paulo II. Defenden, ademáis, que, históricamente houbo diaconisas na Igrexa. Pero disto dudan moitos ou negan tal existencia.

 

También te puede Interesar