A Benemérita

por

A voz benemérita é un adxetivo. Significa ben merecida (unha cousa, premio, sorte…)

Os soldados romanos, despois de tantas loitas conquistando territorios, viñan descansar, moi merecidamente, a Mérida (Extremadura). Os que tivemos algún cargo, e deixámolo, somos eméritos.

Ese adxetivo benemérita faise sustantivo, ou mellor, nome propio, cando falamos da Garda Civil Española. Ela é, sen máis, a Benemérita. Desde 1.844 veu mantendo a orde pública. Evolucionou cos tempos ao noso servizo.

Así, hoxe:

– Desde os helicópteros vixía o tráfico.

-Nas súas embarcacións persegue ós narcotraficantes, que contan con potentes motores fóra borda.

-Dacabalo, recorre os nosos montes tan maltratados polos incendios do verán.

-En motocicletas vai ver onde poden facer atentados contra a ecoloxía.

-En coche faise presente en caso de accidentes, roubos, e mil reclamacións que se lles fan pedindo auxilio.

-A pé, lidera grupos que se forman na veciñanza para atopar unha persoa desaparecida.

-Mesmo en zonas con ramas de árbores colabora apagando o lume terrorista.

– Hai especialistas na Garda Civil en informática para descubrir delitos contra a infancia, contra a saúde pública. Analiza fotografías das cámaras de seguridade.

Pedimos todos a presencia da Garda Civil. Hai noticias de que vai vir para Carballo a Policía Nacional. Xa estivo aquí hai anos. Hoxe é máis precisa ca nunca.  Bergantiños é un área de moita poboación e precisa vixianza para casos tan complicados como os que presenta a convivencia.

A devoción á Virxe do Pilar é fortaleza, seguridade, protección. Pedimos á patroa da Benemérita, especialmente para a que nos serve desde o seu cuartel de Carballo, a axuda que necesitan para tan alto honor como é servir á Patria e ós seus moradores.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?