A conferencia de D. Segundo Pérez López, en Carballo

por

A celebración das Vodas de Ouro Sacerdotais de D. Xosé García Gondar ten unha dimensión pastoral, vocacional, que o noso párroco quere darle. Sabedor disto, D. Segundo Pérez López, outro pastoralista eminente, aceptou o encargo de vir a Carballo para despertar interés, nas nosas familias, a valoraciónb da vocación sacerdotal, téndoa como un don de Dios.

Segundo ten altas responsabilidades na Igrexa galega. Deán de Santiago, Director do Instituto Teolóxico Compostelán, Director de publicacións como Compostellanum, Estudios Mindonienses, Rudesindus, e outros máis. Centos de artigos ten publicados en especialidades de teoloxía, historia e arte. Tamén é párroco nunha freguesía da súa diocese natal, Mondoñedo. Naceu preto de Guitiriz, no ano 1.948, foi ordenado sacerdote no 1.973. Estudou en Mondoñedo, Salamanca e Roma. Por todo isto, temos que agradecer a D. Segundo a súa presencia en Carballo. Xa viñera outra vez, que este cronista recorde, para falarnos do Apóstolo Santiago en Compostela.

Unha vida entregada ó servizo da Igrexa, a Evanxelización ha de suscitar ese estímulo para facer o posible, o que estea da nosa parte, e teñamos almas que son testimonio de Cristo, con notoria influencia nos nosos tempos.

Certamente, non poderemos acadar as cualidades senlleiras de sacerdotes como D. Segundo ou D. Xosé García Gondar “A quen máis se lle dá, máis se lle esixe”, dicían os Santos Padres. Pero é preciso que teñamos colaboradores dos que marcan os rumbos a seguir. Son necesarios sacerdotes que, como fieis militantes “de infantería”, poidan levar adiante o que os máis creadores, intuidores, en tempos difíciles, presinten como a urxente pastoral que ha de exercerse.

Diolopague, D. Segundo

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?