Temos a oración de adoración, acción de grazas e tamén a de petición. Debemos practicar as tres, pero como nos sentimos tan indixentes a oración de petición é a máis frecuente. Así pedimos polos nosos difuntos, polos enfermos, pola paz… Na Igrexa, para a oración de petición temos o Misal, o Oracional, as Rogativas, o Santo Rosario…
Xesucristo Noso Señor deixounos O Noso Pai como a oración característica do cristián. Nesa oración temos adoración, acción de grazas e petición (Mat. VI, 9). Xesús era un gran orante. E recomendounos: “Pedide e recibiredes” (Jun. XI, 9). E para que non cansemos na oración deixounos aquela parábola dun amigo que vai de noite buscar pan á casa do veciño que xa está deitado… Pois como aquel pedía e pedía, éste non tivo máis remedio que erguerse e darlle o pan. (Lucas XI, 5 ss.)
Temos que orar con atención, humildade, confianza e perseverancia. (Dicía o P. Astete que tiñamos na escola)
Modelo de oración de petición o de Xesús en Getsemaní: “Pase de min este cáliz, mais non se faga a miña vontade senón a túa”, así se dirixía el ó Pai Eterno.
Certamente, Noso Señor xa sabe o que necesitamos antes de que llo pidamos (Mat. VI, 8). Pero iso nos xustifica o abandono da oración. Como un pai que se decata de que o seu neno precisa uns zapatos e está pensando en mercarllos. Pero se o neno pide os zapatos amosa confianza en seu pai e este énchese de alegría.
Fermosa concordancia de vontades.
Continuará