A pandemia do coronavirus

por

Cando en China loitaban contra este mal, parecíanos que estaba lonxe, non chegaría a nós.

Decatamos agora que o mundo é pequeño, tamén que o mundo ten que ser solidario.

Os nosos bispos seguiron con atención o proceso e dan normas que debemos seguir. Mesmo se abren a aceptar o que anteriormente proponen as autoridades sanitarias. Gran exemplo nos dan estes profesionais. Mesmo algúns deles tamén caen afectados pola epidemia.

Unha reflexión é a do gran valeiro que se produce nas nosas vidas. Noutras palabras, o gran espazo que a vida cristiá, parroquial enche en nós. Quedaremos sen a tan amada Semana Santa. Sentiremos algo do que é a Pasión do Señor. Temos visto chorar a cofrades que, despois dun ano de traballos, chega a hora de saír en procesión, e o tempo non o permite.

Podemos ter unha Semana Santa particular: meditando, orando nas nosas casas en familia.

Velaí a grandeza e limitación humanas, temos enerxía atómica, escudo antimisiles, exploramos o espazo exterior… Pero non dominamos a contaminación do planeta, un virus extremece ós nosos pobos, treme a economía mundial. Quizais deberíamos ter unha vida máis sobria, máis coidadosa do mundo.

Temos que participar todos na loita contra esta pandemia. Medidas caseiras: lavar as mans, gardar a distancia, fuxir dos xuntoiros, quedar na casa. Polo ben propio e polo dos demais. Caridade, nunha palabra. Non saturemos os hospitais.

Que as autoridades do Estado e as Autonómicas acerten nas súas decisión. As que precisamos agora, e as que farán falta para regular unha sociedade ferida por este croavirus. Como crentes cristiáns acudamos ao Señor, Paciente e Resucitado para que, purificados por esta crise, aprendamos a ser paternalmente humanos. Así reza o papa Francisco e os nosos bispos

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?