A Rexubeira de Bergantiños

por

O vindeiro sábado cumprirá, D.M., 96 anos. Tamén esta vez a Asociación Cultural Monte Branco, de O Couto-Cospindo, vai celebrar a data cunha homenaxe a Asunción Antelo Suárez, na casa onde ela mora, isto é, na aldea de Segufe, da parroquia de Seavia.

A galeguidade, o enxebrismo vivo e expansivo que no Couto rebule, amosará a ledicia de tal efeméride. Canto, baile, poemas, representacións que Asunción poderá disfrutar, pois conserva plenamente as súas facultades mentais. É amiga da conversa e lembra canto ten vivido na súa vida.

Fronte á súa casa, temos a Fonte da Virxe, obra das súas mans, da que hai fotografía moi coñecida feita por Xosé Manuel Casal.

Na súa habitación, ten a nosa Rexubeira unha lámina coa Virxe de Vilamaior. No seu Museo, a obra máis sobresaínte é unha composición en barro na que vemos a igrexa de Seavia, a alameda que alí había no seu arredor, e a fonte do Carme.

Asunción é moi xenerosa con Cáritas de Bergantiños. Cada semana aporta un donativo en especie, desde hai varios anos.

Quen isto escribe ten obras en barro que saíron das mans e maxín de Asunción.

A vea artística desta muller tan galardoada maniféstase no verso, na pedra, na madeira e no barro.

Ela quere ser outra Rosalía. Pero esta nosa gran escritora galega non tiña esta polifacética maneira de expresar a beleza.

Parabéns a Asunción e así mesmo a Monte Branco polo seu amor a canto temos de cultura na Terra Bergantiñá.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?