A Sabatina

por parroquiacarballo

Con este nome desígnase a celebración mariana que tiña lugar os sábados, no serán, en conventos e seminarios. Cantábase a Salve Regina na meirande parte do ano, como litúrxicamente corresponde. Pois no tempo de Advento o canto propio é Alma Redemptoris Mater; na Coresma, é Ave Regina Coelorum; e na Pascua, o Regina Coeli.

O cantoral gregoriano ofrece para cada un destes cantos marianos unha versión simple e outra solemne (Vide Liber Usualis, pp.276 s.s.)

As versións solemnes podiamos escoitalas nos mosteiros mercedarios. Así, en Poio (Pontevedra), con gran ritual que atraía moitos devotos para viviren aquela celebración. A Comunidade mercedaria, con hábitos e cirios, entonaba a melodía. Algunha vez temos oído na Catedral de Santiago o canto da Salve Regina, en versión solemne. Impresionaba ver ós cóengos todos de xeonllos durante a interpretación da Salve.

Pero, o máis habitual é a versión simple en cada caso das preces marianas arriba enumeradas. Son máis fáciles, máis breves.

En Carballo temos a Salve Regina e a Regina Coeli, como algo habitual.

Tamén hai unha versión en castelán da Salve. Ten a particularidade de que se canta a dous coros. Non é difícil. Tan só hai unha pequena dificultade nalgún punto. Moi cantada nas igrexas da cidade de Compostela.

Nota.- Referímosnos á Salve, oración mariana clásica, que aprendimos no Catecismo. Non a cantos que empezan pola palabra Salve. Todos, moi apreciados.

Pensamos que o pobo podería cantar, a dous coros, o Credo, o Magníficat, o Te Deum. Melodías universais coñecidas no mundo católico, que expresan e fan vivir a universalidade e a unidade da nosa Fe.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?